====== De cero a sysadmin ======
Guía elaborada, en principio, por [[user:procastino|]], un absoluto inexperto en administración de servidores que vai comezar un proceso de transformación en amo e señor do espazo web de Bricolabs. Viva la Interné!
===== Pásame a túa chave SSH =====
Iso me dixo [[user:4m1g0|]], así, como se nada. Con naturalidade e desenfado. A ver...
Para enterarse un pouco de que son esas chaves SSH, está moi ben [[https://www.ssh.com/ssh/public-key-authentication|este artigo.]] De aí, deducimos que temos que xerar unha chave SSH, para o que se emprega [[https://www.ssh.com/ssh/keygen| ssh-keygen]]. Non seremos cutres e a faremos co algoritmo //ecdsa// e 521 bits, full equip.
ssh-keygen -t ecdsa -b 521
Como non, para crear esa chave hai que poñer unha //passphrase//, que clase de persoa pensaría en crear unha chave SSH sen //passphrase//, a quen se lle ocorrería, sequera, preguntalo... (-_-)
Para creala, desde logo, non abonda con inventarse unha, sexamos serios, recorramos a un [[https://www.ssh.com/iam/password/generator|password generator]] en condicións.
Por último, para ter certa comodidade, imos manexar a autenticación coa chave SSH e a súa //passphrase// empregando [[https://www.ssh.com/ssh/agent|ssh-agent]], que configuraremos para que nos manteña conectados en cada sesión que abramos, ata que esta se peche.