*BORRADOR* ====== Procedemento de compras ====== Se ves que en Bricolabs falta algún material, ou algo necesita ser renovado, ou a ti mesmo/a se che estragou co uso é **importantísimo** que te fagas cargo de solucionar a situación, é responsabilidade de tod@s manter e mellorar o noso taller. Nesta sección descríbese o procedemento de compras para material e ferramentas da asociación. ===== Tipos de compra ===== ==== Compras menores de 20 € ==== Calquera socio ou socia poderá realizar compras menores de 20 € enviando unha mensaxe á lista de correo e agardando 48h, por se hai algunha opinión ao respecto ou palabra en contra. ==== Compras entre 20 e 150 € ==== Deberase facer unha proposta na lista de correo, que debe ser valorada positivamente polo Tesoureiro/a e outro/a membro da Xunta Xestora. ==== Compras superiores a 150 € ==== Deberase facer proposta na lista de correo, que debe ser valorada positivamente pola Xunta Xestora, unha vez escoitadas as opinións dos socios e socias na lista de correo. ==== Proxectos da asociación ==== Os socios e socias poden propoñer proxectos que queiran desenvolver e que vaian quedar como patrimonio de Bricolabs. Neste caso, a asociación asumiría parte ou a totalidade dos custes do proxecto. Para isto, deberase facer proposta na lista de correo que debe ser valorada positivamente pola Xunta Xestora, unha vez escoitadas as opinións dos socios e socias na lista de correo. ==== Insigne Xefe Plenipotenciario de Taller (IXPT) ==== O IXPT pode efectuar as compras que estime oportunas para o mantemento e mellora do taller, previa comunicación co Tesoureiro/a e avisando pola lista de correo se a compra fose relevante. ===== Pagos e reintegros ===== A persoa que fai a compra deberá adiantar os cartos e **solicitar factura**, sexa física ou electrónica, con IVE ben indicado dentro da mesma, cos seguintes datos: Asociación Bricolabs CIF: G70391156 Rúa Adelaida Muro, 18 Baixo - B 15002 A Coruña Unha vez feita a compra, farase chegar a factura ao Tesoureiro/a, momento no cal este reintegrará o importe. A factura física ten que quedar arquivada có resto de facturas da asociación. ==== Pagos por Paypal, transferencia ou con tarxeta de crédito ==== No caso de que se teña ou queira pagar con algún de estos medios o pago será efectuado polo tesoreiro da asociación (ou excepcionalmente por unha persoa autorizada pola Xunta Xestora con tarxeta de BricoLabs) No caso de gastos **subvencionables** de calquer cuantía, sempre que sexa posible e obligatoriamente en calquer gasto superior aos 100 euros, teremos que pagar con algún de estos medios para que quede constancia documentada de que o pago o fai BricoLabs.