====== Manteña o caos controlado ====== Este artigo ten como obxectivo reducir a entropía da situación espacial dos obxectos na sala makerDomus e os talleres dentro dela. ===== Normas Xerais ===== - A sala makerDomus é de tod@s. Iso é, tod@s a podemos disfrutar e tod@s somos responsables da súa orde, limpeza e seguridade. - Non é un depósito de obxectos que non collen na casa. - Se ves que alguén non cumple con estas normas, avísalle. Igual non as coñece. - Calquera obxecto, elemento, compoñente e, en xeral, cousa que non teña nome e data e non estea nunha caixa etiquetada, pode ser disposto pola asociación para o seu uso ou desbote. ===== Estantería Principal ===== Esta estantería é o lugar onde, agás excepcións, deberá estar todo o material dos socios. Ten estantes con materiais de uso común para os asociados, zona para as cousas dos socios e zona reservada para material da asociación que non debe ser collido sen autorización. {{:gl:organizacion:estanteriabricolabs.png?600}} ==== Zona de materiais comúns ==== * O material desta zona pode ser usado polos socios para os seus proxectos. * Todo o material, agás cando o tamaño o impida, deberá estar en caixas. Se a caixa se queda pequena, busca unha máis grande. * Como norma xeral, se levas algo, tenta repoñelo ou, se tes algunha outra cousa que poida ser de interese, traena. ==== Zona de socios ==== * Cada socio ou socia poderá dispoñer dunha caixa para almacenar as súas cousas. * Para dispoñer de espazo extra, deberá escribir un correo á lista explicando que quere almacenar e o espazo que precisa. * Tanto as caixas como o material que estea fóra destas, deberá ter nome e data. * As caixas que teñan unha data con 6 meses de antigüedade, previo aviso ao socio mediante correo electrónico, poderán ser baleiradas e o material posto a disposición da asociación. * Todo o material que teña unha data con máis de 3 meses de antigüedade, poderá ser posto a disposición de calquera asociado no "recuncho de desbote". * Para renovar unha data, abonda con riscar a última e actualizala. ==== Zona de proxectos de Bricolabs ==== * Nesta zona situaranse proxectos rematados propiedade da asociación. * Os asociados poderán acceder a eles, facéndose responsables do seu mantemento. * Deberán estar sempre dispoñibles e presentables para os días de portas abertas. ==== Zona de talleres e materiais da asociación ==== * Deberase **contar con autorización dun membro da Xunta Xestora** ou responsable de obradoiro para dispoñer deste material. * O material desta zona é para desenvolver talleres ou para as distintas actividades de Bricolabs. * Todo o material está en caixas etiquetadas e inventariado, é **IMPRESCINDIBLE** que siga así sempre. * Podes consultar o inventario no Drive da asociación, na ruta "Asociación > Material > Inventario". * Se es responsable dun obradoiro, saberás qué facer co material, isto é, telo controlado para novas edicións. * Se non tes autorización non collas nada, non toques nada. Cortamos deditos.