====== OshwiPin: BROCHES DIY ====== {{ proyectos:Captura de pantalla 2019-11-07 16.53.02.png?250 |Logo OSHWI }} Creación de broches có deseño da mascota da OSHWDem (o pulpo OSHWi), confecionado con feltro, LEDs e fío condutivo, durante a OSHWDem de 2019. A idea é mostrar unha iniciación ós e-textiles e nocións básicas de circuitos blandos (soft cirtuits) para calquera persoa con moitas ou poucas nocións de electrónica. Proporcionaremos un kit de materiais con todo o necesario para a súa confeción, e os voluntarios de BricoLabs axudarán a realizalos, para que todos os participantes poidan levalos feitos. De paso, axudaremos á difusión entre o público da imaxen da OSHWDem e á promoción das tecnoloxías abertas entre a poboación. Estamos no Twitter: https://twitter.com/OshwiPin ==== Contido do kit ==== * Feltro branco peza ollos. * Feltro azul peza corpo. * Feltro negro peza pupila. * Feltro bolsa pila. * Imperdible con furados. * Fío condutor. * LEDs. * Broches de presión. * Pila botón (CR2032 3V). * Bolsa para o kit. * Instrucións. * ==== Outros materiais necesarios ==== * Tesoiras. * Agullas de ollo grande. * Dedais. * Enfíador. * Abre costuras. * Alicates punta redonda. * LEDs extra. * Fío condutor (bobina). * Fío normal azul/turquesa. * Alfileres e alfileteiro. ==== Realización ==== * Ensamblaxe das pezas. * Cosido do imperdible. * Cosido do circuito eléctrico. * Insertar a pila de botón. * Podedes ver as instruccións completas aquí: https://drive.google.com/file/d/1eKU-_x3IHW4kEu6yJ9l714XVZTiS6Y1z/view?usp=sharing ==== Trucos sobre a costura có fío condutor ==== * Cortar o fío condutor en cachos pequenos, porque en largos enrédase máis, entre outros problemas (enredos, desfaise a torsión do fío, etc...) e ademáis, lembro as enseñanzas de miña nai: "Enfiada longa, costureira cativa". * Usade dedal: "Costureira sin dedal, cose pouco e cose mal". Gracias por conservarme as xemas dos dedos mamá!. * Agulla con ollo grande (porque o fío condutor é máis groso que os de coser tecidos), pero non demasiado, porque sino non entra polos furados dos broches. * E agulla con punta fina (porque as de punta redonda, como soen ser as de ollo grande, non pinchan ben no tecido e dificultan facer as puntadas). * En tecidos grosos como o feltro, para que non se vexa a puntada polo dereito da labor, o mellor é coser polo revés e pinchar só ata a mitade do tecido, así queda un traballo máis limpo polo dereito. ==== Membros do equipo ==== * Conchi Fernández Munín, coordinadora. https://twitter.com/cfdezmunin * Daniel Rivera Domínguez. * Raquel Pérez Fuentes. https://twitter.com/droid_project * Loli Blanco Cotelo. https://twitter.com/LoliBlancoC * Xosé Pérez López. https://twitter.com/XosePerezK * Maite Rodríguez González. * Rosa Arcas González. https://twitter.com/Rosa25575879 * Jordi Rodríguez Crespo. https://twitter.com/Jordi_R_C * Loly López Pena. https://twitter.com/lolyp ==== Agradecimentos ==== * Un agradecimento especial a Xoan Sampaíño polas súas solucións: https://twitter.com/xoan * Gracias a Conchita, traductora ó inglés: https://twitter.com/conchifm * E outro enorme gracias para todos os makers e o resto de persoas que se acercaron a coser un OshwiPin con nós na OSHWDem 2019 (https://oshwdem.org/makers-2019/). Querémosvos! * Por suposto, esto non sería posible sin a colaboración e o patrocinio da nosa alma máter, BricoLabs (https://bricolabs.cc/), e os membros da organización da OSHWDem 2019. ==== Medios ==== http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-fds-4210345?t=1480 https://cuacfm.org/radioco/programmes/internet-de-tu-color-favorito/3x8/ https://www.youtube.com/watch?v=I0D-HY1qLmw Saúdos. A Coruña, 9/11/2019.