======= Oshwi:proxecto de electrónica e téxtiles ======= {{:proyectos:oshwi_de_tela:01.jpg?400|}} Oshwi, deseñado por Natalia Gómez, é a mascota da [[https://oshwdem.org/|OSHWDem]],a feira de tecnoloxía aberta que dende hai anos organiza BricoLabs. Despois da [[https://bricolabs.cc/wiki/proyectos/oshwi_amigurumi|versión amigurimi]] e do [[https://oshwdem.org/2017/09/oshwi/|Oshwi Badge]], e como parte do evento [[https://oshwdem.org/hackaton-de-e-textiles/|Hackaton de textiles e electrónica]] demos en facer unha versión de tea e interactiva. Esta páxina tenta describir o paso a paso do proxecto para que calquera persoa poida construír e programar a súa mascota. ======Equipo:====== * [[https://twitter.com/LoliBlancoC|Loli Blanco]] @LoliBlancoC * [[https://twitter.com/XosePerezK|Xosé Pérez]] @XosePerezK ======Lista de materiais:====== * Tea azul de punto de 70 cm de longo e 120 cm de ancho. * Entretea adhesiva para ferro de pasar (//plancha//) da mesma medida. * Fío costura azul de cor similar á tea. * //Miraguano// ou recheo de coxín. * Arroz, alpiste ou algúnha outra semente seca para recheo. * Fío conductivo: utilizamos o High-Flex 3981 de Karl Grimm que nos recomendou [[https://twitter.com/paolaguimerans|Paola]].[[http://paolaguimerans.com/openeart/?p=99|Aquí]] tedes unha guía interesnte da súa man. * Corchetes metálicos (podedes ver cales nunha imaxe máis abaixo). * Neopixels: utilizamos [[https://www.amazon.es/gp/product/B07437X7SL/ref=oh_aui_detailpage_o07_s00?ie=UTF8&psc=1 Pinzas de cocodrilo: https://www.amazon.es/gp/product/B07BDQC6W5/ref=oh_aui_detailpage_o04_s00?ie=UTF8&psc=1|estes]] en concreto ainda que os tedes máis baratos en páxinas chinesas. Aproveitamos a coroa de 8 e de 12 neopixels. * Sensor Ultrason [[https://www.cetronic.es/sqlcommerce/disenos/plantilla1/seccion/producto/DetalleProducto.jsp?idIdioma=&idTienda=93&codProducto=888304006&cPath=1343&gclid=CjwKCAiArK_fBRABEiwA0gOOczIGBS0bkxo3yDrGoIcOnYZSvuuUgOQ9XZ0-B6OJOp06nzWpndrw1hoCniAQAvD_BwEHC-SR04: https://www.cetronic.es/sqlcommerce/disenos/plantilla1/seccion/producto/DetalleProducto.jsp?idIdioma=&idTienda=93&codProducto=888304006&cPath=1343&gclid=CjwKCAiArK_fBRABEiwA0gOOczIGBS0bkxo3yDrGoIcOnYZSvuuUgOQ9XZ0-B6OJOp06nzWpndrw1hoCniAQAvD_BwE|HC-SR04]] * 2 Resistencias 10 K Ohm. * Cable eléctrico . * Tubo termoretráctil. * Pinzas crocodilo:usamos[[ https://www.amazon.es/gp/product/B07BDQC6W5/ref=oh_aui_detailpage_o04_s00?ie=UTF8&psc=1|estas]]. * Varilla aluminio oca de 6mm. * PLA branco e negro. ======Ferramenta:====== * Tesoura de tea. * Xiz ou alfinetes. * Máquina de coser. * Agullas de coser: utilizamos algunhas co ollo largo para que entre o fío conductivo (agullas de bordar n.º 9). Para os ollos mellor conseguir agullas curvas. * Impresora 3D. * Alicates. * Soldador. * Ferro de pasar(//plancha//). ======Confección do boneco en tea:====== =====Patronaxe:===== Descarga e imprime os patróns (A1) e recorta as pezas pola liña de puntos. [[https://bricolabs.cc/wiki/_media/proyectos/oshwi_de_tela/imprimir_patronb.pdf|{{ :proyectos:oshwi_de_tela:01_patron.jpg?200 |}}]] =====Costura:===== - Estira a tea e pega a entretea polo revés do tecido. Fíxate ben en que o pegamento estea en contacto con el. Pégao pasando o ferro pola entretea SEN VAPOR. - Dobra o tecido pola metade e distribue nel as pezas do patrón. Marca cun xiz o contorno ou préndeos con alfinetes. Logo recorta cada peza. Recorda que precisamos 2 pezas tipo C , 4 pezas A e 4 tipo B. Como xa tes a tea dobre, tan só terás que recortar 1 tipo C (xa saen dúas 2) , 2 tipo A (saen 4) e 2 tipo B (saen 4). - Monta as dúas pezas da cabeza coa entretea cara fóra e hilvana ou pon alfinetes no tronco e na cabeza. - Cose coa máquina, ou se non sabes, a man, deixando unha costura de 5 mm aproximadamente. **OLLO, NON COSAS AÍNDA OS TENTÁCULOS!** - Coloca as pezas soltas dos tentáculos A e B enriba do seu correspondente tentáculo ca peza C e hilvana ou pon alfinetes. Cose do mesmo xeito deixando a mesma costura de 5 mm. Ao rematar este punto terás só sen coser os triángulos que cerran o boneco por abaixo. - Antes de dar a volta ao boneco, fai uns piquetes (pequenos cortes) nos lugares marcados no patrón en forma de T. Son cortes de 3 ou 4 mm, non poden chegar a cortar a costura. Estes cortes serven para que o tecido non tire ao darlle a volta. - Unha vez feitos os piquetes, dalle a volta e axúdate dun lapis ou dun pao fino (palillo chinés) para que nas zonas onde hai vértices a forma quede ben definida. Ao rematar este proceso deberías ter o boneco montado cunha abertura por abaixo para o recheo. Tentaremos incluír máis adiante fotos destas primeiras fases do proxecto. =====Recheo:===== Para o recheo utilizamos 2 tipos de materiais: *Na cabeza, recheo de coxín ou //miraguano//. Repárteo uniformemente para que non queden bolos na superficie. Parece que cando non entra máis, aínda colle outro pouco. {{:proyectos:oshwi_de_tela:02_recheo.jpg?400}} {{proyectos:oshwi_de_tela:03_recheo.jpg?400}} *Nos tentáculos, para que poidan manter a forma cando os colocas e o boneco se manteña de pé, utilizamos arroz pero podes rechealo con alpiste, mijo ou outro tipo de semente. Podes axudarte dun pequeño funil e dun pauciño para axudar a que os grans chegaran abaixo. Nos últimos dous centímetros de tentáculo, pon recheo de coxín para que non caia o arroz. {{:proyectos:oshwi_de_tela:04_recheo.jpg?400}} {{proyectos:oshwi_de_tela:05_recheo.jpg?400}} Unha vez recheado, xa podes coser a man o “cu” do boneco pero deixa un segmento sen coser para continuar coa montaxe. ======Os ollos: impresión 3D e Neopixels====== Nunha primeira versión, puxemos os ollos de fieltro, branco e negro, pero pareceunos unha idea máis interesante imprimilos. Podedes descargar os arquivos STL de [[https://www.thingiverse.com/thing:3226936|Thingiverse]]. Están impresos en filamento branco con paredes moi finas (0,8 mm) para que deixen pasar a luz dos Neopixels. Para coselos pode vir ben un tipo de agullas curvas. {{ :proyectos:oshwi_de_tela:06_ollos.jpg?600 |}} Iso si, se queres seguir o noso modelo, antes de coser os ollos pon os aneis de Neopixels. Nós utilizamos os que che deixamos no enlace, só o anel de 8 neopixels para o ollo pequeño e o de 12 neopixels para o ollo maior. Fai un furado e atravesa a cabeza de Oshwi e saca o cable de entrada do anel de 12 neopixels por abaixo, polo segmento do “cu” que deixamos sen coser. Ten conta que os dous aneis queden correctamente conectados e corta o cable de saída do anel máis pequeño para que non estorbe. Fixa os aneis no seu lugar cunhas puntadas de fío (si, é máis xeitoso que coa cola quente!) e, feito isto, xa podes coser os ollos á cabeza. Podes axudarte das agullas curvas. ======Instalando o cerebro: a placa e a base de fieltro====== Nós optamos por colocar a placa, a [[https://www.adafruit.com/product/3333|Circuit Playgroud Express]], na parte de atrás do boneco e no corpo de Oshwi. Isto ten as súas avantaxes e inconvintes. Por exemplo, fai máis complicado utilizar o sensor de son, ou a visibilidade dos Neopixels integrados na placa. Sen embargo, o deseño é máis limpo e resalta máis calquera xogo que se poda facer cos ollos. Pero iso vai “a gusto do consumidor” ou en función das necesidades. {{ :proyectos:oshwi_de_tela:07_traseira.jpg?600 |}} En calquera caso, e pensando en utilizar a placa para outros proxectos, optamos por facer un 2 parches de fieltro como os da imaxe. Podes desargar a plantilla [[https://bricolabs.cc/wiki/_media/proyectos/oshwi_de_tela/adaptador.pdf|aquí]]. {{ :proyectos:oshwi_de_tela:08_parche.jpg?400 }} Un vai cosido ao boneco e leva unha das partes dos corchetes metálicos. Aí coseremos os fíos conductivos que cheguen dende outras partes. No outro, coa mesma forma, coseremos a placa e, no reverso, a outra parte dos corchetes. Só uniremos os corchetes cos pads da placa que vaiamos precisar. No nosos caso A2, A3, A4 e A7 xa que os A5 e A6 os deixaremos para o ultra son e o A1 para controlar os Neopixels. {{ :proyectos:oshwi_de_tela:10_cables.jpg?600 |}} ======Coser os tentáculos:====== Como a nosa idea é aproveitar a capacitividade dos pads da placa, decidimos coser un fío a través dos catro tentáculos dianteiros ata cada un dos pines indicados: A2, A3, A4 e A7. Desta maneira, ao tocalos, poderemos implementar diferentes accións. Nun primeiro exemplo, emitiranse notas musicais. Para coselos utilizamos, como vedes na imaxe, puntadas longas por encima da tea e unha pequena espiral na punta. Sen que se crucen (moi importante!) levámolos aos corchetes correspondentes a cada pad. {{:proyectos:oshwi_de_tela:11_puntadas.jpg?500}} {{proyectos:oshwi_de_tela:12_puntadas.jpg?160}} ======Sensor de ultrason:====== A “ñ” era o sitio ideal para situal un sensor deste tipo, de tal xeito que ao aproximarte a Oshwi, este respondera dalgún xeito. Buscando documentación atopamos [[https://learn.adafruit.com/distance-measurement-ultrasound-hcsr04/connect-the-sensor|este]] exemplo na páxina de Adafruit que nos seviu como refencia para conectalo (salvando a dificiltade da lóxica de 3.3v) e programalo. Con esta dificultade “salvada” nos decidimos a deseñar e imprimir unha “ñ” onde poder aloxar o sensor. Podedes descargalo de[[https://www.thingiverse.com/thing:3226936|Thingiverse]]. {{ :proyectos:oshwi_de_tela:13_ultrason.jpg?600 |}} Seguindo o esquema do titorial, e para non soldar directamente nos pins do sensor, utilizamos unhas tiras de pines macho-femia que tiñamos pola casa ainda que tería sido máis “curioso” crimpar os cables con terminais DuPont. Para soster a “ñ”, tiramos dun anaco de varilla oca de aluminio de 6 mm que tamén tiñamos por casa e que proviña dun vello tendedoiro. Foi ideal para poder pasar os cables por dentro e sacalos pola parte de abaixo como se aprecia na imaxe anterior. {{ :proyectos:oshwi_de_tela:14_ultrason.jpg?600 |}} Fixemos un furado na parte traseira da cabeza (que rematamos con fío para que non continuase abrindo), introducimos a varilla cos cables e a “ñ” montada. Rematado este proceso xa se pode coser o que queda aberto no “cu” do boneco deixando os cables fóra. Para conectalos á placa optamos por unhas pinzas de crocodilo unindo os cables de alimentación (a VOUT da placa) e GND. ======Programación:====== No artigo do [[https://bricolabs.cc/wiki/eventos/tapiz_textiles_electronica|Hackaton:Tapiz de textiles y electrónica]] describimos as diferentes posibilidades de programación da Circuit Playground Express. Para os exemplos que veredes a continuación optamos por [[https://www.microsoft.com/en-us/makecode|MakeCode]], unha ferramenta aberta moi intuitiva de programación por bloques coa que podes programar diferentes placas, entre elas esta. Non precisas instalar nada no teu ordenador, traballas dende o navegador descargando á placa un código //javascript// que podes editar tamén directamente. Ademáis do titorial que vos citamos arriba para o HC-SR04, foinos de utilidade este video que explica, dunha maneira moi sinxela, como programar unha tira de Neopixels externa. {{ youtube>0v7HI9W6pks |}} Polo monento, estes son os programas e as interaccións de Oshwi *[[https://makecode.com/_4Hf4Y81XqXT0|Código Oshwi notas]] *[[https://makecode.com/_aaVXUq9gRWqV|Código Oshwi ultrason]] Neste programa, emitimos notas de valores proporcionais á lectura de distancias do ultrason. O que en principio era un efecto non desexado, que a lectura dos valores do ultrason deran erros e valores irregulares, provocan un efecto moi interesante na interacción. Seguiremos investigando onde está o erro pero para o que buscabamos parece que o erro veunos moi ben! E valaquí o resultado final: {{ youtube>8nYRt7XtUZM |}} Agardamos que este titorial vos sexa de utilidade e que vos inspire a crear, animar e programar a vosa propia mascota!