====== Brikenstein ====== Esta é unha proposta de xogo cooperativo na lista de correo de Bricolabs. ===== Obxectivo ===== Trátase de deseñar un dispositivo tecnolóxico conxunto, non ten que ter ningunha función específica nin requerimento, só o que saia espontaneamente do grupo (se é que sae algo). Para isto, na lista de correo, un membro propón un elemento de partida e invoca a outro membro que debe engadir outro elemento conectado ao existente e, á súa vez, invocar a un novo membro e seguir así a cadea ata que a persoa encargada de decidir que remata así o declare. ===== Regras ===== * Só se pode engadir unha "función" de cada vez. Por exemplo, pódeselle engadir un microcontrolador cun programa que faga acender un led, pero non iso e que tamén publique o estado do led nunha web. * Pódense engadir elementos eléctricos, mecánicos, electrónicos, de software ou hardware… sen máis limitación que que o novo engadido //debera// funcionar. * Se o membro invocado non dá sinais de vida nun tempo prudencial, invócase a outro ou alguén pode auto-invocarse para tapar o oco. * Estas regras serán interpretadas con grande amplitude de miras, subxectividade e incongruencia, sempre co obxectivo último e superior de se divertir xuntos. ===== Deseños ===== Os deseños serán como a cada cal lle conveña, software de deseño electrónico, papel e lápiz, CAD… o que a persoa que o fai considere que é mellor para presentar a súa proposta e que o resto a entendan. ===== #00 ===== Proposta de procastino. {{https://bricolabs.cc/wiki/_media/gl/varios/brikenstein01.png?direct&222x222|Un led con interruptor}} Continúa Xdesig engadindo todo un clásico, un circuíto detector de luz con transistor, que faría que o led se acendese só cando hai luz no LDR. {{https://bricolabs.cc/wiki/_media/gl/varios/image.png?nolink&500x437|circuíto detector luz}} A isto responde Shiul93 cunha potente trifurcación conceptual do proxecto, abrindo múltiples camiños a seguir. {{https://bricolabs.cc/wiki/_media/gl/varios/image_2_.png?nolink&500x431|conceptos de luis}} E dalogax dá un salto estratosférico á programación e á IoT, engadindo un ESP para comprobar periodicamente o estado da web de Bricolabs e poder actuar se esta está caída. O Brikenstein está a acadar proporcións altamente mareantes, tomade a Biodramina! {{https://bricolabs.cc/wiki/_media/gl/varios/brikenstein.png?nolink&500x389|dalogax e a internet}}