{{normas_foro_oshwdem_esc:idiomas|Enlaces de interés}} ****Normas do foro**** De cara a facer do foro de soporte e axuda do concurso OSHWDEM-escolar un lugar cómodo e efectivo para mellorar os teus coñecementos de robótica, pregámosche que cumplas estas normas. Tamén podes non cumplilas, pero entón algún estricto moderador vaiche tirar das orellas... ====== Preséntate ====== A tod@s nos gusta saber con quen estamos a falar, así que o primeiro é presentarse. Na [[http://edubot.bricolabs.cc/viewforum.php?f=5|sección de presentacións]], contádenos o nome do voso equipo, de onde sodes, de que curso sodes, que queredes facer... e todo o que vos apeteza ou vos pareza importante. Se es profesor/a, déixao claro no asunto da túa presentación. ====== Escolle ben o asunto ====== Pon sempre un asunto explicativo e ben definido na mensaxe. Se nada máis dis "ayuda" ou "teño un problema", non facilitas que outra xente te poida axudar ou que a túa mensaxe sirva para outros foreros co mesmo problema, "sensor esquerdo non detecta liña" sería un asunto ben especificado. Debe ser claro e conciso, NUNCA poñas a mensaxe no asunto. ====== Non cambies de tema ====== Se queres falar de algo distinto ao que especifica o asunto do fío, é mellor que crees un tema novo. Se mesturamos temas é máis difícil atopar a información que nos interesa. ====== Le antes de preguntar ====== Aquí vai haber xente disposta a axudarche, pero iso non quere dicir que estean aí para que ti non teñas que facer o teu traballo. Utiliza as [[http://edubot.bricolabs.cc/search.php|ferramentas de busca]] do foro para ver se a túa dúbida xa está contestada. ====== Sé cordial ====== Tenta manter un ton que favoreza que todos e todas nos sintamos a gusto no foro. Ten en conta que as bromas e os dobles sentidos poden non entenderse na linguaxe escrita do mesmo xeito que na linguaxe oral, así que coida a túa maneira de expresarte. ====== Escribe ben ====== Sobre todo, tenta explicar ben o teu problema. Antes de publicar, le o que escribiches coma se non foras ti o autor/a e comproba que se entende. Tenta respetar a ortografía e non abuses das abreviaturas. Os emoticonos son ben recibidos :) ====== Protexe a túa privacidade ====== Nunca publiques datos persoais (teléfono, enderezo, localización...), nin neste nin noutros lugares da internet onde vaian estar dispoñibles para xente coa que non tes unha TOTAL confianza. ---- **Nada máis, esperamos que o foro te sexa útil e que pasemos todas e todos un bo anaco aprendendo de robótica! :Dbig ** **[[categoria:informacion_de_interes:gl]]**