[[categoria:analisis_y_comparativas]] ====== Revisión de software (libre) para deseñar circuitos dixitais ====== As opcións analizadas foron //Fritzing//, //Kicad//, //gEDA//, //XCircuit// e //Qucs//. ===== Fritzing ===== * Sitio web: http://fritzing.org * Licenza: GPLv3 Creado na cidade universitaria de Postdam orixinalmente para simplificar a tarefa de prototipado de placas para Arduino, hoxe en día, converteuse nunha extraordinaria ferramenta especialmente **indicada para os que empezan no deseño electrónico**. O desenvolvemento está nunha fase aceptable de madurez e ten potencia suficiente para deseñar **placas polas dúas caras**, **trazar de pistas** e deseñar compoñentes electrónicos dende cero ainda que dispón dunha **ampla [[http://fritzing.org/parts/|biblioteca de compoñentes]]** predeseñados. A interfaz de usuario permite a conexión dos compoñentes nas distintas vistas de deseño: a **vista ****//breadboard//** (placa de probas con cables), a **vista de esquema** e a **vista de deseño de placa**. A paleta de compoñentes é común ás vistas e pódense engadir, retirar e mover en calquera das vistas. A vista //breadboard// é útil para deseñar a partir dun deseño onde os compoñentes quedan conectados como na //breadboard// real. A vista de esquema é ideal para interconectar os compoñentes. A vista de deseño de placa está pensada para imprimir unha placa onde soldar os compoñentes. A inxeniosa maneira de **deseño de compoñentes** baséase na importación de **capas en formato SVG** (por exemplo dende //[[http://gl.wikipedia.org/wiki/Inkscape|Inkscape]]//) onde as distintas conexións e rotulado agrúpanse baixo nomes de grupo predefinidos e ao importar nas distintas vistas asócianse visualmente coa información que se manexa no deseño de placa (nomes de conexión, descripcións, axudas, etcétera...). O **trazado de pistas automático** tamén manexa distintos algoritmos por cada unha das **dúas caras da placa**. Permite unha edición visual sinxela para a revisión e corrección do trazado. Fai revisión dos parámetros correctos para **evitar problemas eléctricos**. Asiste no **recheo de pistas comúns** de //GND// e de //VCC// e ata pode grabar debuxos xunto coa **titulación de compoñentes**. Se estás a comenzar coa electrónica ou non precisas de deseñar placas de máis de dúas capas e gustas de manexar o rato para deseñar, //Fritzing// é moi boa opción. ===== Kicad ===== * Sitio web: http://www.kicad-pcb.org * Licenza: GPLv2 ... ===== Geda ===== * Sitio web: http://www.geda-project.org * Licenza: GPLv2 ... ===== XCircuit ===== * Sitio web: http://opencircuitdesign.com/xcircuit * Licenza: GPLv2 ... ===== Qucs ===== * Sitio web: http://qucs.sourceforge.net * Licenza: GPLv2 ...