====== Portabobinas ====== Xa existe un feixe de portabobinas para cable, pero a min apetecíame deseñar o meu propio, así que aquí presento o meu traballo. Como características un chisco distintivas, podemos dicir que este portabobinas está pensado para os que non chegamos nunca a comprar unha bobina enteira de cable, pero que, aínda así, queremos de cando en vez pasar por persoas ordenadas. Por isto, deseñamos uns soportes para o "eixo" do portabobinas, que será un tubo ríxido calquera (no caso do exemplo, o sobrante dun rolo de papel de aluminio), e tamén deseñamos o núcleo da bobina. {{ old:archivo:portabobinas_fin.jpg |Portabobinas rematado e funcional.}} Deixamos os ficheiros en [[http://www.freecadweb.org/|Freecad]] das pezas empregadas para que calquera as poida modificar e adaptar, se é que é capaz de descifrar algo do meu intrincado sistema de traballo neste programa. Aviso que isto foi unha práctica para aprender a deseñar, non sorprenderse polas torpezas no deseño! ;) ====== Equipo ====== * procastino ====== Enlaces ====== * [[http://www.thingiverse.com/search/page:1?q=spool+wire&sa=|Wire Spool Holders]], uns cantos exemplos que hai por thingiverse. Pero o meu mólame máis. ====== Galería ====== Archivo:Tubo.jpg|Un pedazo tubo do papel de aluminio. Flipa...Archivo:bobina.jpg|A bobina para envolver o cable.Archivo:portaeixoEsc.jpg|O portaeixo que se introduce no tubo.Archivo:SoportesEixoEsc.jpg| Os portaeixos co tubo colocado.Archivo:PortabobinasEnsambladoEsc.jpg| O portabobinas ensamblado.Archivo:PortabobinasFin.jpg| Fin! ====== Recursos ====== ===== Hardware ===== * Impresora 3D * Plástico para imprimir. * Un tubo ===== Modelos 3D ===== Subo os .stl e os .fcstd . Síntanse libres de facer con eles o que queiran :) **Edición:** Modificados os soportes para o eixo, ao final resulta que o cable ten un peso e iso require uns soportes máis robustos... [[http://bricolabs.cc/wiki/images/0/06/ArquivosPortabobinas01.zip|Ficheiros 3D]] ===== Software ===== Deseñado con [[http://www.freecadweb.org/|Freecad]]. ===== Outras consideracións ===== O montaxe non require moita explicación, nada máis sinalar que as bobinas deben quedar ben xuntas, ao ter un separador nada máis por un lado, se hai separación entre elas o cable tende a meterse entre unha bobina e outra e non queda ben. Se ao poñelas no tubo non cadran ben xustas, poñéndolle unha brida para que queden ben arrimadas se arranxa ben. Se un día volto atopar ganas e tempo, mirarei de deseñar algo de xeito que non haxa que sacar o soporte se queremos poñer ou quitar unha bobina. Se alguén se anima, xa sabedes, está aberto! :)