Asociación de fomento de investigación en tecnoloxías libres BricoLabs
Estatutos 4 de xullo de 2013 Modificados en Asemblea Xeral Extraordinaria o 19 de decembro de 2014 e o 29 de abril de 2016.
O 4 de xullo de 2013 constitúese unha Asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de Asociación. A Asociación ten como denominación «Asociación de fomento de investigación en tecnoloxías libres BricoLabs». A Asociación rexerase por estes Estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e resto de ordenamento xurídico, e demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.
Créase unha Sección Xuvenil que estará formada polos socios que teñan entre 14 anos cumpridos e 30 sen cumprir.
Esta Sección Xuvenil terá autonomía funcional e organización propia para os asuntos especificamente xuvenís, e estará representada na asociación por un integrante da Sección Xuvenil, maior de idade, que formará parte do goberno da Asociación (Xunta Xestora) como Vogal de Xuventude.
O domicilio principal e permanente da Asociación radicará na rúa Adelaida Muro, 18 Baixo-B, 15002 A Coruña.
A Asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
Son fins principais da Asociación:
Para levar a cabo os seus fins, a Asociación poderá organizar as seguintes actividades:
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto, destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
Poderán ser integrantes da Asociación todas aquelas persoas físicas con plena capacidade de obrar, sen distinción de sexo ou condición. Poderán ser integrantes da Asociación na súa Sección Xuvenil aqueles asociados que teñan entre 14 anos cumpridos e 30 anos sen cumprir, sendo no caso dos menores non emancipados co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade. Os acordos de admisión de asociados tomaraos a Asemblea Xeral, sendo un membro da Xunta Xestora o executor do trámite unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.
Dentro da Asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:
A condición de asociado pérdese:
A expulsión de asociados nos supostos dos apartados 2 e 3 do parágrafo anterior, será acordada pola Asemblea Xeral Extraordinaria, logo da audiencia do interesado. Contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.
Os asociados teñen os seguintes dereitos:
Os asociados honorarios, xuvenís menores de 18 anos e simpatizantes non intervirán na xestión da Asociación nin nos órganos de representación dela. Os asociados honorarios e os xuvenís menores de 18 anos están facultados para asistir á Asemblea Xeral con voz, pero sen voto.
Son obrigas dos asociados:
A dirección e administración da Asociación serán exercidas polos seguintes órganos: A. Colexiados: a Asemblea Xeral reunida de maneira ordinaria ou extraordinaria e a Xunta Xestora. B. Unipersoais: o Delegado, o Secretario, o Tesoureiro, e o Vogal da Sección Xuvenil. C. Aqueles outros que se configuren como tales de conformidade co disposto nos Estatutos.
Sección 1. Dos órganos colexiados.
A Xunta Xestora estará formada polo Delegado da Asociación, o Secretario, o Tesoureiro, e o Vogal de Xuventude.
Os cargos que compoñen a Xunta Xestora serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados daqueles gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa Asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola Asociación.
Asemblea Xeral será a competente para elixir os cargos de Delegado, Secretario e Tesoureiro da Xunta Xestora. A súa duración será por un período de un ano.
A Sección Xuvenil será a competente para elixir o cargo de Vogal de Xuventude, que deberá ser membro, maior de idade, de dita sección, e que a representará, ante a Asemblea Xeral e co seu voto na Xunta Xestora, por un período dun ano.
Os cargos cesarán na súa función por:
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ao cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ao día do sucesor.
As vacantes que se puideran producir durante a xestión de calquera dos membros da Xunta Xestora, serán cubertas provisionalmente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral ou no seu caso, pola Sección Xuvenil. En calquera caso, a Xunta Xestora debe estar integrada por 4 persoas, que exercerán as funcións de Delegado, Secretario, Tesoureiro, e Vogal de Xuventude.
A Xunta Xestora terá as seguintes atribucións:
A Xunta Xestora será convocada polo Delegado, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
Para que os acordos da Xunta Xestora sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos seus membros. O Secretario levantará acta das sesións.
Os membros da Xunta Xestora arbitrarán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte de ditas comisións o número de asociados que acorde a Asemblea Xeral ou a Xunta Xestora, de ter delegada esta potestade.
A Asemblea Xeral é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes desta. O Delegado e o Secretario da Asemblea Xeral serán o facilitador e o secretario da Xunta Xestora.
A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ao ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acordar a Xunta Xestora, ou o solicitaren o 10 % dos asociados. Neste último caso, realizarase por medio de escrito dirixido ao Delegado, en que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de xaneiro ata o de decembro. Tanto a Asemblea Xeral Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo Delegado da Xunta Xestora.
A notificación farase no correo da Asociación.
Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do Delegado e o Secretario ou persoa que o substitúa.
Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos aos apartados do 1 ao 7 do Artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ao xestor de actas e asinarao o Delegado e o Secretario da Asemblea Xeral. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
Os acordos adoptados conforme aos preceptos anteriores obrigarán a todos os asociados, incluso aos non asistentes.
As sesións abriranse cando así o determine o Delegado. Seguidamente procederase por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea Xeral anterior que deberá ser aprobada. Posteriormente, o Secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Xestora que lle corresponda, procedéndose ao debate e á aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.
Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.
Sección 2. Dos órganos unipersoais.
O Delegado da Asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará un ano. Será asistido nas súas funcións polo Secretario en caso de ausencia ou enfermidade.
O Delegado terá as seguintes atribucións:
O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro de asociados e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Asociación.
Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do Delegado. O Secretario tamén levará o inventario dos bens da Asociación nun libro establecido para este efecto. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do Secretario, o Delegado proporá a un dos asociados para cubrir temporalmente as funcións do mesmo.
O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida a asemblea, levará a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da Asociación así como as contas de resultados e balances.
O Tesoureiro ten a obriga de proceder ao peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro.
O vogal de Xuventude exercerá a representación da Sección Xuvenil na Xunta Xestora.
A Asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio de 0 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
A Asociación funcionará en réxime de orzamento anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de orzamento será elaborado polo Tesoureiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano.
A Asociación manterase dos seguintes recursos:
A Asemblea Xeral Ordinaria, á proposta da Xunta Xestora, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atender as necesidades da Asociación.
Anualmente, con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos asociados, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.
Para a disposición de fondos das contas que a Asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura indistinta de calquera dos membros da Xunta Xestora.
Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados os recursos obtidos pola Asociación.
O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes Estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Xestora e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da Asociación estará sometido ao ordenamento xurisdicional civil.
Os ditos Estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas dúas terceiras partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.
A Asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas dúas terceiras partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados liquidadores que, xunto ó Delegado e ó Tesoureiro, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta Asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.
D. Alejandro Taracido Cano na súa calidade de Secretario da Asociación de fomento de investigación en tecnoloxías libres BricoLabs fai constar que os presentes Estatutos foron modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria, que tivo lugar o día 29 de abril de 2016.