Guía elaborada, en principio, por Tucho Méndez, un absoluto inexperto en administración de servidores que vai comezar un proceso de transformación en amo e señor do espazo web de Bricolabs. <note tip>Viva la Interné!</note>
Iso me dixo 4m1g0, así, como se nada. Con naturalidade e desenfado. A ver… Para enterarse un pouco de que son esas chaves SSH, está moi ben este artigo. De aí, deducimos que temos que xerar unha chave SSH, para o que se emprega ssh-keygen. Non seremos cutres e a faremos co algoritmo ecdsa e 521 bits, full equip.
ssh-keygen -t ecdsa -b 521
Como non, para crear esa chave hai que poñer unha passphrase, que clase de persoa pensaría en crear unha chave SSH sen passphrase, a quen se lle ocorrería, sequera, preguntalo… (-_-)
Para creala, desde logo, non abonda con inventarse unha, sexamos serios, recorramos a un password generator en condicións.
Por último, para ter certa comodidade, imos manexar a autenticación coa chave SSH e a súa passphrase empregando ssh-agent, que configuraremos para que nos manteña conectados en cada sesión que abramos, ata que esta se peche.