Táboa de Contidos

Manteña o caos controlado

Este artigo ten como obxectivo reducir a entropía da situación espacial dos obxectos na sala makerDomus e os talleres dentro dela.

Normas Xerais

  1. A sala makerDomus é de tod@s. Iso é, tod@s a podemos disfrutar e tod@s somos responsables da súa orde, limpeza e seguridade.
  2. Non é un depósito de obxectos que non collen na casa.
  3. Se ves que alguén non cumple con estas normas, avísalle. Igual non as coñece.
  4. Calquera obxecto, elemento, compoñente e, en xeral, cousa que non teña nome e data e non estea nunha caixa etiquetada, pode ser disposto pola asociación para o seu uso ou desbote.

Estantería Principal

Esta estantería é o lugar onde, agás excepcións, deberá estar todo o material dos socios. Ten estantes con materiais de uso común para os asociados, zona para as cousas dos socios e zona reservada para material da asociación que non debe ser collido sen autorización.

Zona de materiais comúns

Zona de socios

Zona de proxectos de Bricolabs

Zona de talleres e materiais da asociación