Táboa de Contidos

Cansat

Nesta páxina imos tentar recoller do mellor xeito posible a construción dun cansat, para participar na convocatoria deste ano. O noso nivel é totalmente novato e será, de momento, unha recopilación de documentación interna, non leades isto se estades a buscar unha boa guía.

Telemetría

(sD-10) A telemetría é unha das partes que máis complexas vemos, de momento, barallamos dúas opcións:

  1. Arduino con módulos apc220. En teoría, segundo os vídeos de Cansat Irlanda, debera ser moi sinxelo. As primeiras probas empregando un ordenador con Windows non foron satisfactorias, xa que o PC non recoñecía o módulo. Este camiño queda en standby.
  2. Feather M0 con RFM69: é o material que a organización nos vai fornecer para o concurso. De principio, seguindo a guía de Adafruit, non nos pareceu sinxelo programar un envío de datos entre as dúas estacións. Púxose á nosa disposición un programa de exemplo que, de momento, require da instalación da biblioteca qbcan e que debe modificarse para que compile para o procesador M0 da placa da que estamos a falar.

Paracaídas

Probas de lanzamento

Organización

(sD-9) Creouse un equipo de Trello cun taboleiro dedicado á organización do equipo, os alumnos e mentores irán colocando tarefas e repartíndoas para a súa realización. Cada alumno/a terá que comprobar que é quen de facer as seguintes tarefas básicas:

Documentación e comunicación