Táboa de Contidos

Open Cookies

MOLDES DE GALLETAS CON FERRAMENTAS LIBRES

Un dos primeiros proxectos nos que dei en pensar ao dispor dunha impresora 3D foi o de fabricar os meus propios moldes para galletas. Un obxectivo asequible, divertido e gorentoso co que podería convencer a toda a familia da utilidade do noso novo cacharro.

O primeiro paso foi procurar información na rede. En efecto, hai ducias de entradas con videos e titoriais para deseñar e imprimir os teus propios moldes. Iso si, moi poucos que se axustaran á nosa premisa de utilizar software libre. Deles, tres parécenme interesantes por diferentes razóns:

A guía que podedes ler de seguido utiliza os dous últimos, ambos extensións de Inkscape. Iso si, a receita é da nosa colleita, o mesmo que algúns trucos e indicacións que agardamos sexan de utilidade. Comezamos!

INSTALACIÓN DO SOFTWARE PRECISO

Como comentabamos no comezo deste artigo, as las aplicacións que utilizaremos tanto no proceso de deseño como no de impresión 3D son software libre. Esta era una premisa de partida coherente coa la filosofía de BricoLabs.

MÉTODO 1: USANDO PATH TO COOKIES

DESEÑO DA GALLETA EN INKSCAPE

Aqueles que, como é o meu caso, non dominedes moito este programa, aconséllovos consultar algún titorial básico. Podedes atopar moita información na rede. A verdade é que eu non seguín ningún en concreto, máis ben fun peteirando aco e aló, así que non vos aconsellarei ningún máis aló do que se inclúe na páxina oficial.

Para ir describindo o proceso deseñaremos e imprimiremos un molde a partires do debuxo dun neno, en concreto do “coello de orellas pequenas” que debuxou a miña sobriña. Estes son os pasos a seguir:

01_inkscape_tamac3b1o-documento1.jpg

02_inkscape_bezier.jpg

Unha vez terminado o debuxo, é o momento de utilizar o script Path to Cookies!

PATH TO COOKIES

Selecciona o obxecto que desexes importar e fai clic no menú Extensiones> Generar desde trayecto>Path to cookies.O menú Path to Cookies debería abrirse.

03_path_menu1.jpg

Vexamos os diferenres parámetros que podemos configurar no mesmo:

Path to cookies (pestana principal ):

04_path_menu2.jpg

Advanded settings (pestana de configuración avanzada):

04_pestac3b1as.jpg

No caso 2 (bisel) a altura e o ancho determinarán ol ángulo do bisel. Se os dous teñen o mesmo valor o ángulo será de 45º.

05_path_menu3.jpg

Grid Settings (axuste da grella de soporte)

A grella de soporte será últil cando vaiamos a incluír no noso molde elementos interiores para marcar ou facer baleirados interiores. Non caso de non precisar estes elementos é aconsellable non utilizala pois será máis doado desmlodar as galletas.

Unha vez configuradas todas estas opcións exportamos o molde e abrímolo con OpenSCAD. Se é grande e require moitos cálculos pode tardar en abrirse. Unha vez en pantalla facemos clic no botón Render (ou prememos F6) para visualizalo. Agora só queda exportalo en formato STL. Xa temos o noso molde listo para imprimir.

06_openscad.jpg

No arquivo .scad podemos modificar todos os parámetros vistos anteriormente e ademais algúns outros que só poderemos configurar nel. Son os seguintes:

Detalles interiores: queremos que corten ou que marquen?

Ata aquí as instruccións para crear un molde que corte a masa sen ningún tipo de elemento interior. Pero en ocasións quereremos incorporar aos nosos deseños baleirados ou impresioóns sobre a masa. Vexamos como facelo seguindo uns exemplos.

CASO 1: Imaxinemos que queremos crear un molde para unha galleta coa forma de donut ou rosquilla, unha circunferencia exterior con outra recortada no interior.

07_donut_recorte.jpg08_donut_recorte2.jpg

09_donut_openscad.jpg

CASO 2: Nesta ocasión imos crear un elemento que marque no interior da nosa galleta para debujar sobre ela una determinada forma. Por exemplo, o ollo e as manchas no noso “Coello de orellas pequenas”. Para elo, sigamos estes pasos:

10_interior-coello_borde.jpg11_interior-coello_borde-a-trayecto.jpg12_interior-coello_openscad.jpg

13_interior-coello_freecad.jpg

14_interior-coello_freecad2.jpg

CASO 3: Para marcar interiormente la galleta, ás veces pode ser máis interesante crear un tampón interior. Nese caso:

15_bricolabs.jpg

Logo dun tempo utilizando o primeiro método para deseñar moldes de galletas dei cun artigo en Instructables que facilitaba o proceso sobre todo para aqueles moldes que conteñen diferentes elementos interiores que desexamos que marquen a galleta. Trátase do OpenSCAD cookie cutter. Podedes instalalo seguindo as instruccións descritas anteriormente.

Vexamos como funciona a través dun exemplo. Imos deseñar o molde dunha galleta para o logotipo da Obijuan Academy. Nesta wiki, sobradamente coñecida entre os seguidores das tecnoloxías abertas, podedes atopar unha chea de videotitoriais compartidos por Juan González “Obijuan” ao que toda a comunidade debemos agradecer a súa xenerosidade e impagable contribución á difusión do software e hardware libre.

DESEÑO DA GALLETA EN INKSCAPE

Podemos seguir os pasos explicados no Método 1 para obter o noso debuxo a partir dunha imaxe ou podemos importar un arquivo vectorial. Neste segundo caso, déixovos uns consellos que poden servos de utilidade:

Unha vez rematado o deseño, modificaremos as cores das liñas seguindo este criterio:

Para rematar este proceso, gardaremos o noso deseño. Neste caso, a ruta é Archivo>Guardar como>OpenSCAD cookie cutter file. Asegúrate de que se garda con extensión .scad; xa case temos o noso molde!

Abramos o novo arquivo e vexamos os diferenres parámetros que podemos configurar:

Poderemos ir visualizando todos os cambios no molde pulsando F5 ou o icono de Previsualizar. Unha vez finalizados os axustes, prememos F6 ou Render para xenerar a malla. Unha vez rematado, prememos o botón STL para exportar un arquivo STL. O molde está listo para ser impreso.

Recordade que como comentabamos máis arriba, se precisamos que as marcas interiores sexan moi complexas, pode ser máis doado crear un tampón interior para obter ditas formas. Para elo precisaremos un programa de modelado 3D como Freedad para agregar as diferentes formas. Poño como exemplo este molde creado con este segundo método seguindo estes pasos:

  1. Creamos o cortador exterior.
  2. Creamos o sólido interior (connector) recheando a silueta exterior escalada ao 95% cunha altura de 1,5 mm.
  3. Creamos os sólidos interiores con este mesmo método cunha altura de 5 mm.
  4. Importamos en Freecad, convertemos en solidos e agregamos a base e as formas do paso 3.

Hai un método alternativo para este terceiro paso: importar directamente o SVG dende Freecad e extruír as formas. Tedes un par de excelentes videotitoriais (este e este outro) sobre este proceso na Obijuan Academy

MATERIAL DE IMPRESIÓN

RECEITA PARA MASA:

RECEITA PARA MASA CON CHOCOLATE

PREPARACIÓN:

Peneira os 175 gramos de farina nun cunco, engade o azucre, o cacao no caso da masa con chocolate, e remove. Engade os 125 gramos de manteiga en anacos, traballa a manteiga e a fariña xuntas ata que a mistura parezan migas. Engade unha cullerada de leite e mistura coas mans ata formar unha bóla de masa.

Deixa arrefriar a masa na neveira unhas horas envolta nun filme transparente para que sexa máis fácil de traballar. Prepara una superficie lisa e empóaa de fariña. Estira a masa cun rolete enfariñado ata obtener o grosor desexado e emplea o molde para cortarla. Coloca as galletas na bandexa sobre un papel de forno e enforna a 180º. É importante ter prequentado o forno a esa temperatura.

A continuación déixovos algunhas imaxes do proceso. Bo proveito!

25_galletas.jpgASCII���...ASCII���...