ProfeVen

Este pequeno proxecto é un experimento de programación e deseño creado coa intención de axudar na xestión das dúbidas na aula de informática e, sobre todo, de ter un exemplo tanxible de solución tecnolóxica completa para unha necesidade cercana para o alumnado. As aulas de informática sempre son difíciles de xestionar, en calquera intre hai moitos atrancos que solucionar, a paciencia adolescente é escasa e a capacidade do profesorado para multiplicarse e atender a todos os problemas, case nula. Ter un pequeno dispositivo capaz de indicar o tempo aproximado que cada alumno leva agardando atención e cando ten o traballo rematado evita moitos “Profe Ven!”, “estaba eu antes” ou “Xa acabei, que fago?”. É unha solución esaxeradamente técnica para este problema, pero son profe de tecnoloxía e débome á miña profesión. Ademais, o nivel de ruído da aula disminúe un chisco e iso ímolo considerar un éxito.

Na ligazón tedes código de Arduino, ficheiros de deseño da PCB e ficheiros 3D para xerar os arquivos de impresión. Se o usades, mandade un saúdo!

Equipo: procastino