Consulta a guía de uso de BricoLabs para contribuir a esta Wiki.
BricoLabs é unha asociación que reúne semanalmente a todos aqueles que queiran colaborar no deseño, construción e probas de todo tipo de aparatos y trebellos, a proposta dos propios participantes e ó estilo de outros HackerSpaces e FabLabs do mundo.
É un grupo de traballo onde todo o mundo pode propor ideas e colaborar nas diferentes fases dos proxectos, a través de reunións altamente participativas e nun ambiente ameno e dinámico, onde non importa tanto o nivel de coñecemento coma a motivación na realización da actividade.
Coñece a nosa historia e a nosa presenza nos medios de comunicación.
Tanto as categorías como as entradas da wiki pódense atopar no panel lateral esquerdo da páxina para a sua rápida consulta.