Táboa de Contidos

Brikenstein

Esta é unha proposta de xogo cooperativo na lista de correo de Bricolabs.

Obxectivo

Trátase de deseñar un dispositivo tecnolóxico conxunto, non ten que ter ningunha función específica nin requerimento, só o que saia espontaneamente do grupo (se é que sae algo). Para isto, na lista de correo, un membro propón un elemento de partida e invoca a outro membro que debe engadir outro elemento conectado ao existente e, á súa vez, invocar a un novo membro e seguir así a cadea ata que a persoa encargada de decidir que remata así o declare.

Regras

Deseños

Os deseños serán como a cada cal lle conveña, software de deseño electrónico, papel e lápiz, CAD… o que a persoa que o fai considere que é mellor para presentar a súa proposta e que o resto a entendan.

#00

Proposta de procastino.

Un led con interruptor

Continúa Xdesig engadindo todo un clásico, un circuíto detector de luz con transistor, que faría que o led se acendese só cando hai luz no LDR.

circuíto detector luz

A isto responde Shiul93 cunha potente trifurcación conceptual do proxecto, abrindo múltiples camiños a seguir.

conceptos de luis

E dalogax dá un salto estratosférico á programación e á IoT, engadindo un ESP para comprobar periodicamente o estado da web de Bricolabs e poder actuar se esta está caída. O Brikenstein está a acadar proporcións altamente mareantes, tomade a Biodramina!

dalogax e a internet