Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


Barra lateral

Translations of this page:

Páxina principal

Análisis e comparativas

this namespace doesn't exist: gl:analisis_y_comparativas
Documentación
this namespace doesn't exist: documentacion
Eventos Guías Ferramentas
this namespace doesn't exist: gl:herramientas
Información de interese Proxectos > Usuarios
this namespace doesn't exist: gl:user
Varios Wiki Privado old
this namespace doesn't exist: gl:old
admin
this namespace doesn't exist: gl:admin

No renderer 'pdf' found for mode 'pdf'
gl:proyectos:cansat

Cansat

Nesta páxina imos tentar recoller do mellor xeito posible a construción dun cansat, para participar na convocatoria deste ano. O noso nivel é totalmente novato e será, de momento, unha recopilación de documentación interna, non leades isto se estades a buscar unha boa guía.

Telemetría

(sD-10) A telemetría é unha das partes que máis complexas vemos, de momento, barallamos dúas opcións:

  1. Arduino con módulos apc220. En teoría, segundo os vídeos de Cansat Irlanda, debera ser moi sinxelo. As primeiras probas empregando un ordenador con Windows non foron satisfactorias, xa que o PC non recoñecía o módulo. Este camiño queda en standby.
  2. Feather M0 con RFM69: é o material que a organización nos vai fornecer para o concurso. De principio, seguindo a guía de Adafruit, non nos pareceu sinxelo programar un envío de datos entre as dúas estacións. Púxose á nosa disposición un programa de exemplo que, de momento, require da instalación da biblioteca qbcan e que debe modificarse para que compile para o procesador M0 da placa da que estamos a falar.
  • (sD-9) Nunha segunda volta, coa axuda de dalogax, revisamos os programas de exemplo que trae a libraría recomendada por Adafruit, chamada Radiohead. Conseguimos un código funcional que transmite datos entre as dúas placas. Subirase ao github en canto poidamos.
  • (sD-9)Compróbase o alcance dos módulos de radio, dándonos unha recepción bastante fiable de 827 m en liña recta, con bo tempo, emitindo desde un séptimo piso e coa badía do Orzán polo medio.
  • (sD-9) Fíxose un código de proba do BMP para medir presión e temperatura que foi traballado cos rapaces na aula con éxito.
  • (sD-7) Complétase un código que transmite e recibe os datos de presión e temperatura e permite o envío de comandos desde terra a satélite.
  • (sD-7) Facemos un resumo da estrutura de electrónica e control do CanSat.

Paracaídas

  • (sD-9)Temos tela ripstop e compramos as ferramentas para facer “ojales”.
  • Ligazón moi interesante para a construción do paracaídas.
  • (sD-7)Facemos a primeira proba de lanzamento con paraugas e lata chea de auga, o descenso é bon e progresivo desde o 3º do cole, uns 10 metros en 4 segundos. Extrapolando, o descenso é lento de máis e deberamos facer un chisco máis grande o furado de saída. Empregamos os ojetes para enganchar as cordas do paracaídas, fáciles de poñer e aparentemente resistentes.

Probas de lanzamento

  • (sD-10) Falouse con membros de Bricolabs para ver se podían colaborar nas posibles probas previas de lanzamento, pilotando os seus drons para lanzar os nosos prototipos. Parece que hai membros dispostos e con posibilidade de botar unha man, por cuestións legais, o mellor sería ir ao campo de aeromodelismo de Cerceda.
  • (sD-7) Os alumnos contactaron cos pilotos de drons para tentar cadrar un día para as probas.

Organización

(sD-9) Creouse un equipo de Trello cun taboleiro dedicado á organización do equipo, os alumnos e mentores irán colocando tarefas e repartíndoas para a súa realización. Cada alumno/a terá que comprobar que é quen de facer as seguintes tarefas básicas:

  • Crear unha tarxeta (tarefa nome do alumno) cunha descrición.
  • Asignarse a unha tarxeta como membro.
  • Crear unha checklist dentro da tarxeta (elemento 1, elemento 2, elemento 3…)
  • Engadir un elemento a unha lista creada por outro.
  • Marcar un elemento dunha lista creada por outro como rematado e comentalo.
  • Convertir un ítem de lista a tarxeta (isto facémolo cando vemos que esa tarefa require máis subtarefas e traballo e cremos que se verá mellor así).
  • Asignar etiquetas (labels) as tarefas segundo a marcha destas.

Documentación e comunicación

  • (sD-7) Traballouse na elaboración do informe preliminar que debe ser entregado o 6 de febreiro.
  • (sD-7) Creáronse perfís de instagram e twitter e comézase a difundir o proxecto.
gl/proyectos/cansat.txt · Última modificación: 2021/04/16 20:41 por 127.0.0.1