Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:proyectos:cansat

Diferenzas

Isto amosa as diferenzas entre a revisión seleccionada e a versión actual da páxina.

Enlazar a esta vista de comparación

Próxima revisión
Revisión previa
gl:proyectos:cansat [2020/01/13 19:17]
Tucho Méndez creado
gl:proyectos:cansat [2020/02/07 11:42] (actual)
Tucho Méndez
Liña 1: Liña 1:
 ====== Cansat ====== ====== Cansat ======
 Nesta páxina imos tentar recoller do mellor xeito posible a construción dun [[http://​esero.es/​cansat/​|cansat]],​ para participar na convocatoria deste ano. O noso nivel é totalmente novato e será, de momento, unha recopilación de documentación interna, non leades isto se estades a buscar unha boa guía. Nesta páxina imos tentar recoller do mellor xeito posible a construción dun [[http://​esero.es/​cansat/​|cansat]],​ para participar na convocatoria deste ano. O noso nivel é totalmente novato e será, de momento, unha recopilación de documentación interna, non leades isto se estades a buscar unha boa guía.
 +===== Telemetría =====
 +(sD-10) A telemetría é unha das partes que máis complexas vemos, de momento, barallamos dúas opcións:
 +  - Arduino con [[https://​tuelectronica.es/​arduino-y-modulo-inalambrico-rf-apc220/​|módulos apc220]]. En teoría, segundo os vídeos de [[https://​www.youtube.com/​watch?​v=xB4O1XCQyYI&​list=PLwagIiYuh5RYOJNwSjlyMwnosqbO2Qryl|Cansat Irlanda]], debera ser moi sinxelo. As primeiras probas empregando un ordenador con Windows non foron satisfactorias,​ xa que o PC non recoñecía o módulo. Este camiño queda en standby.
 +  - [[https://​learn.adafruit.com/​adafruit-feather-m0-radio-with-rfm69-packet-radio|Feather M0 con RFM69]]: é o material que a organización nos vai fornecer para o concurso. De principio, seguindo a guía de Adafruit, non nos pareceu sinxelo programar un envío de datos entre as dúas estacións. Púxose á nosa disposición un programa de exemplo que, de momento, require da instalación da [[http://​doc.open-cosmos.com/​Qbcan_software_installation#​Download_and_Install_the_qbcan_Library|biblioteca qbcan]] e que debe modificarse para que compile para o procesador M0 da placa da que estamos a falar.
 +  * (sD-9) Nunha segunda volta, coa axuda de [[user:​dalogax|dalogax]],​ revisamos os programas de exemplo que trae a libraría recomendada por Adafruit, chamada Radiohead. Conseguimos un código funcional que transmite datos entre as dúas placas. Subirase ao github en canto poidamos.
 +  * (sD-9)Compróbase o alcance dos módulos de radio, dándonos unha recepción bastante fiable de 827 m en liña recta, con bo tempo, emitindo desde un séptimo piso e coa badía do Orzán polo medio.
 +  * (sD-9) Fíxose un código de proba do BMP para medir presión e temperatura que foi traballado cos rapaces na aula con éxito.
 +  * (sD-7) Complétase un código que transmite e recibe os datos de presión e temperatura e permite o envío de comandos desde terra a satélite.
 +  * (sD-7) Facemos un resumo da estrutura de electrónica e control do CanSat.
 +
 +===== Paracaídas =====
 +   * (sD-9)Temos tela ripstop e compramos as ferramentas para facer "​ojales"​.
 +   * Ligazón moi interesante para a [[http://​nakka-rocketry.net/​paracon.html|construción do paracaídas]].
 +   * (sD-7)Facemos a primeira proba de lanzamento con paraugas e lata chea de auga, o descenso é bon e progresivo desde o 3º do cole, uns 10 metros en 4 segundos. Extrapolando,​ o descenso é lento de máis e deberamos facer un chisco máis grande o furado de saída. Empregamos os ojetes para enganchar as cordas do paracaídas,​ fáciles de poñer e aparentemente resistentes.
 +
 +===== Probas de lanzamento =====
 +  * (sD-10) Falouse con membros de Bricolabs para ver se podían colaborar nas posibles probas previas de lanzamento, pilotando os seus drons para lanzar os nosos prototipos. Parece que hai membros dispostos e con posibilidade de botar unha man, por cuestións legais, o mellor sería ir ao campo de aeromodelismo de Cerceda.
 +  * (sD-7) Os alumnos contactaron cos pilotos de drons para tentar cadrar un día para as probas.
 +
 +===== Organización =====
 +(sD-9) Creouse un equipo de Trello cun taboleiro dedicado á organización do equipo, os alumnos e mentores irán colocando tarefas e repartíndoas para a súa realización.
 +Cada alumno/a terá que comprobar que é quen de facer as seguintes tarefas básicas:
 +  * Crear unha tarxeta (tarefa //nome do alumno//) cunha descrición.
 +  * Asignarse a unha tarxeta como membro.
 +  * Crear unha checklist dentro da tarxeta (elemento 1, elemento 2, elemento 3...)
 +  * Engadir un elemento a unha lista creada por outro.
 +  * Marcar un elemento dunha lista creada por outro como rematado e comentalo.
 +  * Convertir un ítem de lista a tarxeta (isto facémolo cando vemos que esa tarefa require máis subtarefas e traballo e cremos que se verá mellor así).
 +  * Asignar etiquetas (labels) as tarefas segundo a marcha destas.
 +
 +===== Documentación e comunicación =====
 +  *(sD-7) Traballouse na elaboración do informe preliminar que debe ser entregado o 6 de febreiro.
 +  *(sD-7) Creáronse perfís de [[https://​www.instagram.com/​patacalabs/​|instagram]] e [[https://​twitter.com/​patacalabs|twitter]] e comézase a difundir o proxecto.
 +
  
gl/proyectos/cansat.1578943076.txt.gz · Última modificación: 2020/01/13 19:17 por Tucho Méndez