Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:proyectos:oshwi_de_tea

Diferenzas

Isto amosa as diferenzas entre a revisión seleccionada e a versión actual da páxina.

Enlazar a esta vista de comparación

Ambos lados, revisión anteriorRevisión previa
Próxima revisión
Revisión previa
gl:proyectos:oshwi_de_tea [2018/11/19 22:05] – [Costura:] Xosé Pérezgl:proyectos:oshwi_de_tea [2018/11/20 19:04] (actual) – eliminado Xosé Pérez
Liña 1: Liña 1:
-======= Oshwi:proxecto de electrónica e téxtiles ======= 
  
-{{:proyectos:oshwi_de_tela:01.jpg?400|}} 
- 
-Oshwi, deseñado por Natalia Gómez, é a mascota da [[https://oshwdem.org/|OSHWDem]],a feira de tecnoloxía aberta que dende hai anos organiza BricoLabs. 
- 
-Despois da [[https://bricolabs.cc/wiki/proyectos/oshwi_amigurumi|versión amigurimi]] e do [[https://oshwdem.org/2017/09/oshwi/|Oshwi Badge]], e como parte do evento [[https://oshwdem.org/hackaton-de-e-textiles/|Hackaton de textiles e electrónica]] demos en facer unha versión de tea e interactiva. Esta páxina tenta describir o paso a paso do proxecto para que calquera persoa poida construír e programar a súa mascota. 
- 
-======Equipo:====== 
- 
-  * [[https://twitter.com/LoliBlancoC|Loli Blanco]] @LoliBlancoC 
-  * [[https://twitter.com/XosePerezK|Xosé Pérez]] @XosePerezK 
- 
-======Lista de materiais:====== 
- 
-  * Tea azul de punto de 70 cm de longo e 120 cm de ancho. 
-  * Entretea adhesiva para ferro de pasar (//plancha//) da mesma cantidade. 
-  * Fío costura azul de cor similar á tea. 
-  * //Miraguano// ou recheo de coxín. 
-  * Arroz, alpiste ou algúnha outra semente seca para recheo. 
-  * Fío conductivo: utilizamos o High-Fles 3981 de Karl Grimm pero [[http://paolaguimerans.com/openeart/?p=99|aquí]]tedes unha guía interesnte. 
-  * Corchetes metálicos (podedes ver cales nunha imaxe máis abaixo). 
-  * Neopixels: utilizamos [[https://www.amazon.es/gp/product/B07437X7SL/ref=oh_aui_detailpage_o07_s00?ie=UTF8&psc=1 
-Pinzas de cocodrilo: https://www.amazon.es/gp/product/B07BDQC6W5/ref=oh_aui_detailpage_o04_s00?ie=UTF8&psc=1|estes]] en concreto ainda que os tedes máis baratos en páxinas chinesas. Aproveitamos a coroa de 8 e de 12 neopixels. 
-  * Sensor Ultrason [[https://www.cetronic.es/sqlcommerce/disenos/plantilla1/seccion/producto/DetalleProducto.jsp?idIdioma=&idTienda=93&codProducto=888304006&cPath=1343&gclid=CjwKCAiArK_fBRABEiwA0gOOczIGBS0bkxo3yDrGoIcOnYZSvuuUgOQ9XZ0-B6OJOp06nzWpndrw1hoCniAQAvD_BwEHC-SR04: https://www.cetronic.es/sqlcommerce/disenos/plantilla1/seccion/producto/DetalleProducto.jsp?idIdioma=&idTienda=93&codProducto=888304006&cPath=1343&gclid=CjwKCAiArK_fBRABEiwA0gOOczIGBS0bkxo3yDrGoIcOnYZSvuuUgOQ9XZ0-B6OJOp06nzWpndrw1hoCniAQAvD_BwE|HC-SR04]] 
-  * 2 Resistencias 10 K Ohm. 
-  * Cable eléctrico .  
-  * TuboTermoretarctil. 
-  * Pinzas crocodilo:usamos[[ https://www.amazon.es/gp/product/B07BDQC6W5/ref=oh_aui_detailpage_o04_s00?ie=UTF8&psc=1|estas]] 
-  * Varilla aluminio oca de 6mm 
-  * PLA branco e negro 
- 
-======Ferramenta:====== 
- 
-  * Tesoura de tea 
-  * Xiz ou alfinetes 
-  * Máquina de coser 
-  * Agullas de coser: utilizamos algunhas co ollo largo para que entre o fío conductivo (agullas de bordar n.º 9). Para os ollos mellor conseguir agullas curvas. 
-  * Impresora 3D 
-  * Alicates 
-  * Soldador 
-  * Ferro de pasar(//plancha//) 
- 
-======Confección do boneco en tea:====== 
- 
-=====Patronaxe:===== 
- 
-Descarga e imprime os patróns (A1) e recorta as pezas pola liña de puntos.  
- 
-[[https://bricolabs.cc/wiki/_media/proyectos/oshwi_de_tela/imprimir_patronb.pdf|{{ :proyectos:oshwi_de_tela:01_patron.jpg?200 |}}]] 
- 
-=====Costura:===== 
- 
-  - Estira a tea e pega a entretea polo revés do tecido. Fíxate ben en que o pegamento estea en contacto con el. Pégao pasando o ferro pola entretea SEN VAPOR. 
-  - Dobra o tecido pola metade e distribue nel as pezas do patrón. Marca cun xiz o contorno ou préndeos con alfinetes. Logo recorta cada peza. Recorda que precisamos  2 pezas tipo C , 4 pezas A e 4 tipo B. Como xa tes a tea dobre, tan só terás que recortar 1 tipo C (xa saen dúas 2) , 2 tipo A (saen 4) e 2 tipo B (saen 4). 
-  - Monta as dúas pezas da cabeza coa entretea cara fóra e hilvana ou pon alfinetes no tronco e na cabeza.  
-  - Cose coa máquina, ou se non sabes, a man, deixando unha costura de 5 mm aproximadamente. **OLLO, NON COSAS AÍNDA OS TENTÁCULOS!** 
-  - Coloca as pezas soltas dos tentáculos A e B enriba do seu correspondente tentáculo ca peza C e hilvana ou pon alfinetes. Cose do mesmo xeito deixando a mesma costura de 5 mm. Ao rematar este punto terás só sen coser os triángulos que cerran o boneco por abaixo. 
-  - Antes de dar a volta ao boneco, fai uns piquetes (pequenos cortes) nos lugares marcados no patrón en forma de T. Son cortes de 3 ou 4 mm, non poden chegar a cortar a costura. Estes cortes serven para que o tecido non tire ao darlle a volta. 
-  - Unha vez feitos os piquetes, dalle a volta e axúdate dun lapis ou dun pao dino (palillo chinés) para que nas zonas onde hai vértices a forma quede ben definida. Ao rematar este proceso deberúas ter o boneco montado cunha abertura por abaixo para o recheo. 
- 
-<WRAP tip> 
-Tentaremos incluír máis adiante fotos destas primeiras fases do proxecto. 
-</WRAP> 
- 
-=====Recheo:===== 
- 
-Para o recheo utilizamos 2 tipos de materiais:  
- 
-  *Na cabeza, recheo de coxín ou //miraguano//. Axudate dun pau para que chegue ás zonas máis estreitas e reparteo uniformemente para que non queden bolos na superficie. Parece que cando non entra máis, ainda colle outro pouco. 
- 
-{{:proyectos:oshwi_de_tela:02_recheo.jpg?400}}    {{proyectos:oshwi_de_tela:03_recheo.jpg?400}} 
- 
-  *Nos tentáculos, para que poidan manter a forma cando os colocas e o boneco se manteña de pé, utilizamos arroz pero podes rechealo con alpiste, mijo ou outro tipo de semente. Podes axudarte dun pequeño funil e dun pauciño chinés para axudar a que os grans chegaran abaixo. Nos últimos dous centímetros de tentáculo, pon recheo de coxín para que non caia o arroz. 
- 
-{{:proyectos:oshwi_de_tela:04_recheo.jpg?400}}    {{proyectos:oshwi_de_tela:05_recheo.jpg?400}} 
- 
-Unha vez recheado, xa podes coser a man o “cu” do boneco pero deixa un segmento sen coser para continuar coa montaxe. 
- 
-=====Os ollos: impresión 3D e Neopixels===== 
- 
-Nunha primeira versión, puxemos os ollos de fieltro, branco e negro, pero pareceunos unha idea máis interesante imprimilos. Podedes descargar os arquivos STL de [[https://www.thingiverse.com/thing:3226936|Thingiverse]].   
- 
-Están impresos en filamento branco con paredes moi finas (0,8 mm) para que deixen pasar a luz dos Neopixels. Para coselos pode vir ben un tipo de agullas curvas. 
- 
-{{ :proyectos:oshwi_de_tela:06_ollos.jpg?600 |}} 
- 
-Iso si, se queres seguir o noso modelo, antes de coser os ollos pon os aneis de Neopixels. Nós utilizamos os que che deixamos no enlace, só o anel de 8 neopixels para o ollo pequeño e o de 12 neopixels para o ollo maior. Fai un furado e atravesa a cabeza de Oshwi e saca o cable de entrada do anel de 12 neopixels por abaixo, polo segmento do “cu” que deixamos sen coser. Ten conta que os dous aneis queden correctamente conectados e corta o cable de saída do anel máis pequeño para que non estorbe. Fixa os aneis no seu lugar cunhas puntadas de fío (si, é máis xeitoso que coa cola quente!) e, feito isto, xa podes coser os ollos á cabeza. Podes axudarte das agullas curvas. 
- 
-======Instalando o cerebro: a base de fieltro====== 
- 
-Nós optamos por colocar a placa, a [[https://www.adafruit.com/product/3333|Circuit Playgroud Express]], na parte de atrás do boneco e no corpo de Oshwi. Isto ten as súas avantaxes e inconvintes. Por exemplo, fai máis complicado utilizar o sensor de son, ou a visibilidade dos Neopixels integrados na placa. Sen embargo, o deseño é máis limpo e resalta máis calquera xogo que se poda facer cos ollos. Pero iso vai “a gusto do consumidor” ou en función das necesidades. 
- 
-{{ :proyectos:oshwi_de_tela:07_traseira.jpg?600 |}} 
- 
-En calquera caso, e pensando en utilizar a placa para outros proxectos, optamos por facer un 2 parches de fieltro como os da imaxe. Podes desargar a plantilla [[https://bricolabs.cc/wiki/_media/proyectos/oshwi_de_tela/adaptador.pdf|aquí]]. 
- 
-{{ :proyectos:oshwi_de_tela:08_parche.jpg?400 }}    
- 
-Un vai cosido ao boneco e leva unha das partes dos corchetes metálicos. Aí coseremos os fíos conductivos que cheguen dende outras partes. No outro, coa mesma forma, coseremos a placa e, no reverso, a outra parte dos corchetes. Só uniremos os corchetes cos pads da placa que vaiamos precisar. No nosos caso A2, A3, A4 e A7 xa que os A5 e A6 os deixaremos para o ultra son e o A1 para controlar os Neopixels. 
- 
-{{ :proyectos:oshwi_de_tela:10_cables.jpg?600 |}} 
- 
-======Coser os tentáculos:====== 
- 
-Como a nosa idea é aproveitar a capacitividade dos pads da placa, decidimos coser un fío a través dos catro tentáculos dianteiros ata cada un dos pines indicados:  A2, A3, A4 e A7. Desta maneira, ao tocalos, poderemos implementar diferentes accións. Nun primeiro exemplo, emitiranse 4 notas musicais. 
- 
-Para coselos utilizamos, como vedes na imaxe, puntadas longas por encima da tea e unha pequena espiral na punta. Sen que se crucen (moi importante!) levámolos aos corchetes correspondentes a cada pad. 
- 
-{{:proyectos:oshwi_de_tela:11_puntadas.jpg?500}}    {{proyectos:oshwi_de_tela:12_puntadas.jpg?160}} 
- 
-======Sensor de ultrason:====== 
- 
-A “ñ” era o sitio ideal para situal un sensor deste tipo, de tal xeito que ao aproximarte a Oshwi, este respondera dalgún xeito. Buscando documentación atopamos [[https://learn.adafruit.com/distance-measurement-ultrasound-hcsr04/connect-the-sensor|este]] exemplo na páxina de Adafruit que nos seviu como refencia para conectalo salvando a dificiltade da lóxica de 3.3v e para programalo.  
- 
-Con esta dificultade “salvada” nos decidimos a deseñar unha “ñ” para imprimir onde poder aloxar o sensor. Podedes descargalo de[[https://www.thingiverse.com/thing:3226936|Thingiverse]].   
- 
-{{ :proyectos:oshwi_de_tela:13_ultrason.jpg?600 |}} 
- 
-Seguindo o esquema do titorial, e para non soldar directamente nos pins do sensor, utilizamos unhas tiras de pines macho-femia que tiñamos pola casa ainda que tería sido máis “curioso” crimpar os cables con terminais DuPont. Para soster a “ñ”, tiramos dun anaco de varilla oca de alumino de 6 mm que tamén tiñamos por casa e que proviña dun vello tendedoiro. Foi ideal para poder pasar os cables por dentro e sacalos pola parte de abaixo como se aprecia na imaxe anterior. 
- 
-{{ :proyectos:oshwi_de_tela:14_ultrason.jpg?600 |}} 
- 
-Fixemos un furado na parte traseira da cabeza (que rematamos con fío para que non continuase abrindo), introducimos a varilla cos cables e a “ñ” montada. Rematado este proceso xa se pode coser o que queda aberto no “cu” do boneco deixando os cables  fóra. 
- 
-Para conectalos á placa optamos por unhas pinzas de crocodilo unindo os cables de alimentación (a VOUT da placa) e GND. 
- 
-======Programación:====== 
- 
-No artigo do [[https://bricolabs.cc/wiki/eventos/tapiz_textiles_electronica|Hackaton:Tapiz de textiles y electrónica]] describimos as diferentes posibilidades de programación da Circuit Playground Express. Para os exemplos que veredes a continuación optamos por [[https://www.microsoft.com/en-us/makecode|MakeCode]], unha ferramenta aberta moi intuitiva de programación por bloques coa que podes programar diferentes placas, entre esta. Non precisas instalar nada no teu oredandor, traballas dende o navegador descargando á placa un código javascript que podes editar tamén directamente. 
- 
-Ademáis do titorial que vos citamos arriba para o HC-SR04, foinos de utilidade este video que explica, dunha maneira moi sinxela, como programar unha tira de Neopixels externa. 
- 
-{{ youtube>0v7HI9W6pks |}} 
- 
-Polo monento, estes son os programas e as interaccións de Oshwi 
-  *[[https://makecode.com/_4Hf4Y81XqXT0|Código Oshwi notas]] 
-  *[[https://makecode.com/_aaVXUq9gRWqV|CódigoOshwi ultrason]] Neste programa, emitimos notas de valores proporcionais á lectura de distancias do ultrason. O que en principio era un efecto non desexado, que a lectura dos valores do ultrason deran erros e valores irregulares, provocan un efecto moi interesante na interacción. Seguiremos investigando onde está o erro (se no valor da resistencis, nas soldaduras...) pero para o que buscabamos parece que o erro veunos moi ben! 
- 
-E valaquí o resultado final: 
- 
-{{ youtube>8nYRt7XtUZM |}} 
- 
- 
-Ata aquí este titorial. Agardamos que sexa de utilidade e que vos inspire a crear, animar e programar  as vosas propias mascotas! 
gl/proyectos/oshwi_de_tea.1542665124.txt.gz · Última modificación: 2021/04/16 20:38 (edición externa)