Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


informacion_de_interes:estatutos_bricolabs

Diferencias

Muestra las diferencias entre dos versiones de la página.

Enlace a la vista de comparación

Próxima revisión
Revisión previa
informacion_de_interes:estatutos_bricolabs [2017/02/21 22:28]
Pablo Se creó la traducción de la página
informacion_de_interes:estatutos_bricolabs [2019/05/27 11:23] (actual)
Félix Sánchez-Tembleque ↷ Página movida de privado:estatutos_bricolabs a informacion_de_interes:estatutos_bricolabs
Línea 1: Línea 1:
 ====== Estatutos BricoLabs ====== ====== Estatutos BricoLabs ======
 +{{ :​guias:​bricolabs_logo_landscape_low.png?​nolink&​500 |}}
 +
 +<WRAP centeralign>​
 +Asociación de fomento de investigación en tecnoloxías libres BricoLabs
 +
 +Estatutos
 +4 de xullo de 2013
 +Modificados en Asemblea Xeral Extraordinaria o 19 de decembro de 2014 e o 29 de abril de 2016.
 +</​WRAP>​
 +
 +===== Capítulo 1. Da Asociación en xeral =====
 +==== Artigo 1º. ====
 +O 4 de xullo de 2013 constitúese unha Asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de Asociación. A Asociación ten como denominación «Asociación de fomento de investigación en tecnoloxías libres BricoLabs».
 +A Asociación rexerase por estes Estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e resto de ordenamento xurídico, e demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.
 +
 +==== Artigo 2º. ====
 + ​Créase unha Sección Xuvenil que estará formada polos socios que teñan entre 14 anos cumpridos e 30 sen cumprir.
 + 
 +Esta Sección Xuvenil terá autonomía funcional e organización propia para os asuntos especificamente xuvenís, e estará representada na asociación por un integrante da Sección Xuvenil, maior de idade, que formará parte do goberno da Asociación (Xunta Xestora) como Vogal de Xuventude.
 +
 +==== Artigo 3º. ====
 +O domicilio principal e permanente da Asociación radicará na rúa Adelaida Muro, 18 Baixo-B, 15002 A Coruña.
 +
 +==== Artigo 4º. ====
 +A Asociación,​ en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
 +
 +==== Artigo 5º. ====
 +A Asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
 +
 +==== Artigo 6º. ====
 +Son fins principais da Asociación:​
 +  - Colaborar na construción dunha sociedade do coñecemento baseada nos principios de libre acceso á tecnoloxía.
 +  - Divulgar a filosofía e as posibilidades do Hardware e do Software Libre, con especial enfoque na Comunidade Autónoma de Galicia, colaborando coas entidades públicas afíns. ​
 +  - Promocionar o Hardware e o Software Libre, facendo fincapé nas vantaxes que este pode aportar para fomentar a cooperación,​ a innovación e a calidade dos produtos, dos servizos, do coñecemento e da tecnoloxía producidos polo tecido empresarial e investigador galego.
 +  - Fomentar a democratización das tecnoloxías libres en todos os seus aspectos, e achegar estes conceptos e as súas vantaxes á cidadanía, prestando especial atención aos centros educativos.
 +  - Fomentar a utilización e colaborar no desenvolvemento de ferramentas de Software Libre para deseño de proxectos de Hardware Libre.
 +  - Formar ó profesorado na Comunidade Autónoma de Galicia, ó abeiro da orde do 14 de maio de 2013, D.O.G. no 96 do 22 de maio de 2013, pola que se regula a convocatoria,​ o recoñecemento,​ a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.
 +  - Promocionar o idioma galego no eido tecnolóxico. ​
 +  - Participar conxuntamente con outras entidades, de sensibilidades afíns, nas labores anteriores. ​
 +  - Promocionar a realización de actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades dos asociados, así como dirixidas a achegar recursos para cumprir cos fins fundacionais. ​
 +  - Calquera outro fin lícito que, en relación cos obxectivos fundamentais anteriores, sirva para os intereses dos asociados se así o determina a Asemblea Xeral.
 +
 +Para levar a cabo os seus fins, a Asociación poderá organizar as seguintes actividades:​
 +  - Conferencias,​ foros, encontros, xornadas, etc; relacionadas cos fins da Asociación. ​
 +  - Cursos ou obradoiros de formación básica e especializada sobre os temas de traballo e interese da Asociación. ​
 +  - Sesións de traballo e obradoiros dirixidos a alcanzar os fins expresados nos Estatutos da Asociación.
 +  - Realización de proxectos de desenvolvemento hardware e software baseados na filosofía e paradigmas do Hardware e Software Libre.
 +  - Organización de viaxes a conferencias,​ congresos e acontecementos relacionados co Hardware e o Software Libre. ​
 +  - Confección de documentación técnica e de usuario sobre aplicativos de Software Libre e proxectos de Hardware Libre. ​
 +  - Colaboración con proxectos e actividades de outros grupos similares a nivel nacional e internacional. ​
 +  - Asistencia a conferencias,​ congresos e acontecementos relacionados co Hardware e Software e Libre. ​
 +  - Calquera outra actividade lícita que sirva ós fins da Asociación.
 +
 +Os beneficios que se obteñan por calquera concepto, destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
 +
 +----
 +
 +===== Capítulo 2. Dos asociados =====
 +
 +==== Artigo 7º. ====
 +Poderán ser integrantes da Asociación todas aquelas persoas físicas con plena capacidade de obrar, sen distinción de sexo ou condición.
 +Poderán ser integrantes da Asociación na súa Sección Xuvenil aqueles asociados que teñan entre 14 anos cumpridos e 30 anos sen cumprir, sendo no caso dos menores non emancipados co consentimento,​ documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.
 +Os acordos de admisión de asociados tomaraos a Asemblea Xeral, sendo un membro da Xunta Xestora o executor do trámite unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.
 +
 +==== Artigo 8º. ====
 +Dentro da Asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:
 +  - Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional. ​
 +  - Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional. ​
 +  - Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ao desenvolvemento dos fins da Asociación. ​
 +  - Xuvenís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na Asociación,​ que estarán integradas na Sección Xuvenil, no seu caso. 
 +  - Simpatizantes,​ aquelas persoas que sen pertencer a Asociación adiquen parte do seu tempo aos fins do Artigo 6º.
 +
 +==== Artigo 9º. ====
 +A condición de asociado pérdese:
 +  - Por vontade propia. ​
 +  - Por falta de participación no bo desenvolvemento dos fins. 
 +  - Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente aos intereses da Asociación,​ previo expediente disciplinario,​ con audiencia do interesado. ​
 +  - Por falecemento da persoa física.
 +A expulsión de asociados nos supostos dos apartados 2 e 3 do parágrafo anterior, será acordada pola Asemblea Xeral Extraordinaria,​ logo da audiencia do interesado. Contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.
 +
 +==== Artigo 10º. ====
 +Os asociados teñen os seguintes dereitos:
 +  - Participar nas actividades da Asociación e na Xunta Xestora, exercer o dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos Estatutos.
 +  - Ser informado da composición da Xunta Xestora da Asociación,​ do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade. ​
 +  - Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar as ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción. ​
 +  - Impugnar os acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á lei ou aos Estatutos.
 +Os asociados honorarios, xuvenís menores de 18 anos e simpatizantes non intervirán na xestión da Asociación nin nos órganos de representación dela. Os asociados honorarios e os xuvenís menores de 18 anos están facultados para asistir á Asemblea Xeral con voz, pero sen voto.
 +
 +==== Artigo 11º. ====
 +Son obrigas dos asociados:
 +  - Compartir as finalidades da Asociación e colaborar para a súa consecución. ​
 +  - Contribuír ao funcionamento da Asociación satisfacendo as cotas, derramas e outras achegas que se establezan en cada caso. 
 +  - Desempeñar os cargos para os que foron elixidos. ​
 +  - Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados pola asemblea. ​
 +  - Acatar o contido dos Estatutos. ​
 +  - Ter unha boa conduta individual e cívica.
 +
 +----
 +
 +===== Capítulo 3. Dos órganos da Asociación =====
 +
 +==== Artigo 12º. ====
 +A dirección e administración da Asociación serán exercidas polos seguintes órganos:
 +A. Colexiados: a Asemblea Xeral reunida de maneira ordinaria ou extraordinaria e a Xunta Xestora.
 +B. Unipersoais:​ o Delegado, o Secretario, o Tesoureiro, e o Vogal da Sección Xuvenil.
 +C. Aqueles outros que se configuren como tales de conformidade co disposto nos Estatutos. ​
 +
 +**Sección 1. Dos órganos colexiados.**
 +==== Artigo 13º. ====
 +A Xunta Xestora estará formada polo Delegado da Asociación,​ o Secretario, o Tesoureiro, e o Vogal de Xuventude.
 +
 +Os cargos que compoñen a Xunta Xestora serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados daqueles gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa Asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola Asociación.
 +
 +Asemblea Xeral será a competente para elixir os cargos de Delegado, Secretario e Tesoureiro da Xunta Xestora. A súa duración será por un período de un ano.
 +
 +A Sección Xuvenil será a competente para elixir o cargo de Vogal de Xuventude, que deberá ser membro, maior de idade, de dita sección, e que a representará,​ ante a Asemblea Xeral e co seu voto na Xunta Xestora, por un período dun ano.
 +
 +Os cargos cesarán na súa función por:
 +  - Cumprimento do prazo para o que foron elixidos. ​
 +  - Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica. ​
 +  - Renuncia voluntaria. ​
 +  - Acordo de cesamento de toda a Xunta Xestora adoptado por dous terzos dos asociados reunidos en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
 +  - 
 +A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ao cesamento automático,​ senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ao día do sucesor.
 +
 +As vacantes que se puideran producir durante a xestión de calquera dos membros da Xunta Xestora, serán cubertas provisionalmente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral ou no seu caso, pola Sección Xuvenil. En calquera caso, a Xunta Xestora debe estar integrada por 4 persoas, que exercerán as funcións de Delegado, Secretario, Tesoureiro, e Vogal de Xuventude.
 +
 +==== Artigo 14º. ====
 +A Xunta Xestora terá as seguintes atribucións:​
 +  - Programar e facilitar as actividades que propoña a Asemblea Xeral. ​
 +  - Levar a xestión administrativa e económica da Asociación. ​
 +  - Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral. ​
 +  - Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior. ​
 +  - Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados. Establecer, de maneira individualizada e excepcional,​ as reducións de cotas que estime oportunas dando conta do seu número e contía a Asemblea Xeral.
 +  - Propor as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación,​ de non aparecer voluntarios para cubrir as mesmas. ​
 +  - Propor normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. ​
 +  - Xestionar as solicitudes de ingreso de novos asociados. ​
 +  - Propor o plan de actividades da Asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación,​ impulsando e facilitando as súas tarefas. ​
 +  - Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan. ​
 +  - Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da Asociación.
 +
 +==== Artigo 15º. ====
 +A Xunta Xestora será convocada polo Delegado, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
 +
 +Para que os acordos da Xunta Xestora sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos seus membros. O Secretario levantará acta das sesións.
 +
 +==== Artigo 16º. ====
 +Os membros da Xunta Xestora arbitrarán as comisións que a propia Xunta acorde constituír,​ co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades,​ ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte de ditas comisións o número de asociados que acorde a Asemblea Xeral ou a Xunta Xestora, de ter delegada esta potestade.
 +
 +==== Artigo 17º. ====
 +A Asemblea Xeral é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes desta. O Delegado e o Secretario da Asemblea Xeral serán o facilitador e o secretario da Xunta Xestora.
 +
 +==== Artigo 18º. ====
 +A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ao ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acordar a Xunta Xestora, ou o solicitaren o 10 % dos asociados. Neste último caso, realizarase por medio de escrito dirixido ao Delegado, en que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
 +
 +==== Artigo 19º. ====
 +A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de xaneiro ata o de decembro. Tanto a Asemblea Xeral Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo Delegado da Xunta Xestora.
 +
 +A notificación farase no correo da Asociación.
 +
 +==== Artigo 20º. ====
 +Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
 +  - Aprobación da acta da asemblea anterior.
 +  - Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior. ​
 +  - Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos para cada exercicio, de acordo co plan de actividades previstas.
 +  - Exame e aprobación das cotas, a proposta da Xunta Xestora.
 +  - Renovar, no seu caso, os cargos da Xunta Xestora.
 +
 +==== Artigo 21º. ====
 +Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:​
 +  - Modificar os Estatutos da Asociación.
 +  - Elixir e cesar, nos supostos previstos nos artigos 12.2, 12.3 e 12.4, os integrantes da Xunta Xestora.
 +  - Aprobar a federación con outras Asociacións.
 +  - Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
 +  - Acordar a disolución da Asociación.
 +  - Designar os liquidadores. ​
 +  - Ratificar a expulsión de asociados a proposta da Xunta Xestora. ​
 +  - Solicitar a declaración de utilidade pública da Asociación. ​
 +  - Aprobar o regulamento de réxime interno da Asociación.
 +  -  As que sendo de competencia da Asemblea Xeral Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agarda a súa convocatoria,​ sen grave prexuízo para a Asociación.
 +
 +==== Artigo 22º. ====
 +A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria,​ con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do Delegado e o Secretario ou persoa que o substitúa.
 +
 +==== Artigo 23º. ====
 +Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados,​ excepto os relativos aos apartados do 1 ao 7 do Artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ao xestor de actas e asinarao o Delegado e o Secretario da Asemblea Xeral. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
 +
 +==== Artigo 24º. ====
 +Os acordos adoptados conforme aos preceptos anteriores obrigarán a todos os asociados, incluso aos non asistentes.
 +
 +As sesións abriranse cando así o determine o Delegado. Seguidamente procederase por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea Xeral anterior que deberá ser aprobada. Posteriormente,​ o Secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Xestora que lle corresponda,​ procedéndose ao debate e á aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.
 +
 +==== Artigo 25º. ====
 +Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición,​ quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.
 +
 +**Sección 2. Dos órganos unipersoais.**
 +==== Artigo 26º. ====
 +O Delegado da Asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará un ano. Será asistido nas súas funcións polo Secretario en caso de ausencia ou enfermidade.
 +
 +O Delegado terá as seguintes atribucións:​
 +  - Representar á Asociación perante calquera organismo público ou privado. ​
 +  - Convocar e arbitrar as sesións que celebre a Xunta Xestora, arbitrar as sesións da Asemblea Xeral e facilitar as deliberacións dunha e doutra. ​
 +  - Executar os acordos adoptados pola Asemblea Xeral e a Xunta Xestora. ​
 +  - Asinar as actas, certificados,​ pagamentos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Xestora a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
 +  - Decidir con voto de calidade, en caso de empate, nas votacións da Xunta Xestora.
 +
 +==== Artigo 27º. ====
 +O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro de asociados e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Asociación.
 +
 +Correspóndelle,​ así mesmo, notificar as convocatorias,​ custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do Delegado. O Secretario tamén levará o inventario dos bens da Asociación nun libro establecido para este efecto. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do Secretario, o Delegado proporá a un dos asociados para cubrir temporalmente as funcións do mesmo.
 +
 +==== Artigo 28º. ====
 +O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación,​ dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida a asemblea, levará a contabilidade da Asociación,​ tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos,​ elaborará o borrador de orzamentos da Asociación así como as contas de resultados e balances.
 +
 +O Tesoureiro ten a obriga de proceder ao peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro.
 +
 +==== Artigo 29º. ====
 +O vogal de Xuventude exercerá a representación da Sección Xuvenil na Xunta Xestora.
 +
 +----
 +
 +===== Capítulo 4. Do réxime económico =====
 +
 +==== Artigo 30º. ====
 +A Asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio de 0 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
 +
 +==== Artigo 31º. ====
 +A Asociación funcionará en réxime de orzamento anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de orzamento será elaborado polo Tesoureiro da Asociación,​ que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano.
 +
 +==== Artigo 32º. ====
 +A Asociación manterase dos seguintes recursos:
 +  - As cotas periódicas dos asociados.
 +  - As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Xestora e sexan aprobadas pola Asemblea Xeral.
 +  - As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
 +  - Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación.
 +  - Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
 +
 +==== Artigo 33º. ====
 +A Asemblea Xeral Ordinaria, á proposta da Xunta Xestora, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atender as necesidades da Asociación.
 +
 +==== Artigo 34º. ====
 +Anualmente, con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos asociados, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.
 +
 +==== Artigo 35º. ====
 +Para a disposición de fondos das contas que a Asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura indistinta de calquera dos membros da Xunta Xestora.
 +
 +==== Artigo 36º. ====
 +Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados os recursos obtidos pola Asociación.
 +
 +----
 +
 +===== Capítulo 5. Do regulamento de réxime interno =====
 +
 +==== Artigo 37º. ====
 +O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes Estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Xestora e o procedemento disciplinario,​ e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da Asociación estará sometido ao ordenamento xurisdicional civil.
 +
 +----
 +
 +===== Capítulo 6. Da modificación de Estatutos e disolución da Asociación =====
 +
 +==== Artigo 38º. ====
 +Os ditos Estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas dúas terceiras partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.
 +
 +==== Artigo 39º. ====
 +A Asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas dúas terceiras partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
 +
 +==== Artigo 40º. ====
 +Acordada a disolución,​ a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados liquidadores que, xunto ó Delegado e ó Tesoureiro, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
 +
 +==== Artigo 41º. ====
 +O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación,​ doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta Asociación.
 +
 +O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.
 +
 +----
 +
 +D. Alejandro Taracido Cano na súa calidade de Secretario da Asociación de fomento de investigación en tecnoloxías libres BricoLabs fai constar que os presentes Estatutos foron modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria,​ que tivo lugar o día 29 de abril de 2016.
  
  
informacion_de_interes/estatutos_bricolabs.1487716128.txt.gz · Última modificación: 2018/01/24 22:00 (editor externo)