Análisis y comparativas
Eventos GuíasNo hay páginas en esta sección.
No hay páginas en esta sección.
Análisis y comparativas
Eventos GuíasNo hay páginas en esta sección.
No hay páginas en esta sección.
¡Esta es una revisión vieja del documento!
Durante os talleres de montaxe da placa ESCORNABOT-HFD puidemos comprobar que para moitos alumnos de ESO e de Bacharelato esta era a primeira ocasión na que facían soldadura electrónica, e que quizá o escornabot non sexa a mellor opción como kit de iniciación pola súa complexidade.
Con tal motivo desenvolvimos un pequeno kit de iniciación, sinxelo e de baixo custo, para poder facer e ensaiar unas cantas soldaduras antes de empezar cun proxecto máis complexo. Para empezar a soldar pensamos que é moi útil ter a man a unha guía como esta
Grazas ao convenio AGUSL entre a Xunta de Galicia a través da AMTEGA e diversas asociacións e grupos de usuarios de software libre en Bricolabs puidemos cubrir os gastos asociados ao desenvolvemento e probas do proxecto e unha pequena tirada de kits.
O circuíto da bricobadge é simple. Ten só 8 compoñentes electrónicos e unha pila CR2032. Na escuridade acende un par de LED, e cando hai luz apágase e ten un consumo moi contido. A placa de circuíto impreso está realizada con Kicad, unha ferramenta libre e de código aberto con licencia GNU GPL v3.
R1: 22K 1/4W (rojo, rojo, naranja) R2: 220 1/4W (rojo, rojo, negro) R3: 220 1/4W (rojo, rojo, negro) R4: Resistencia LDR Q1: D1: Diodo LED 5mm ø, cualquier color o con cambio de color automático D2: Diodo LED 5mm ø, cualquier color o con cambio de color automático BAT1: Pila CR2032 con portapilas