Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


Barra lateral

Traducciones de esta página:

Página principal

Análisis y comparativas

Eventos Guías Herramientas Información de interés Proyectos > Usuarios Varios Wiki Privado

No hay páginas en esta sección.

old admin

No hay páginas en esta sección.

proyectos:badge_intro_soldadura

Badge Bricolabs para iniciación a la soldadura

Agradecementos

Grazas ao convenio AGUSL entre a Xunta de Galicia a través da AMTEGA e diversas asociacións e grupos de usuarios de software libre en Bricolabs puidemos cubrir os gastos asociados ao desenvolvemento e probas do proxecto e unha pequena tirada de kits.

Bicobadge

Durante os talleres de montaxe da placa ESCORNABOT-HFD puidemos comprobar que para moitos alumnos de ESO e de Bacharelato esta era a primeira ocasión na que facían soldadura electrónica, e que quizá o escornabot non sexa a mellor opción como kit de iniciación pola súa complexidade.

Con tal motivo desenvolvimos un pequeno kit de iniciación, sinxelo e de baixo custo, para poder facer e ensaiar unas cantas soldaduras antes de empezar cun proxecto máis complexo. Para empezar a soldar pensamos que é moi útil ter a man a unha guía como esta

Grazas ao convenio AGUSL entre a Xunta de Galicia a través da AMTEGA e diversas asociacións e grupos de usuarios de software libre en Bricolabs puidemos cubrir os gastos asociados ao desenvolvemento e probas do proxecto e unha pequena tirada de kits.

O circuito

Esquema

O circuíto da bricobadge é simple. Ten só 8 compoñentes electrónicos e unha pila CR2032. Na escuridade acende un par de LED, e cando hai luz apágase e ten un consumo moi contido. A placa de circuíto impreso está realizada con Kicad, unha ferramenta libre e de código aberto con licencia GNU GPL v3.

  • Na escuridade, a resistencia da LDR ( R4) é moi alta, a tensión na base do transistor é maior de 0,6 V, o transistor conduce e o dous LED acenden.
  • Cando incide luz sobre a LDR ( R4) a súa resistencia baixa, o transistor deixa de estar polarizado e os LED apáganse.
  • Cambiando o valor de R3 cambia a sensibilidade do circuíto. Tamén afecta o valor da resistencia LDR ( R4).
  • No circuíto pódense usar LED de calquera cor, iguais ou distintos. No noso obradoiro usamos LED RGB con cambio de cor automática que engaden efectos interesantes de cor
Lista de componentes
R1: 22K 1/4W (vermello, vermello, laranxa)
R2: 220 1/4W (vermello, vermello, laranxa)
R3: 220 1/4W (vermello, vermello, negro)
R4: Resistencia LDR
Q1: 
D1: Diodo LED 5mm ø, calquera cor ou con cambio de cor automática
D2: Diodo LED 5mm ø, calquera cor ou con cambio de cor automática
BT1: Pila CR2032 con portapilas

Montaxe

Procura verificar cada paso dúas veces antes de soldar. Soldar é fácil, pero corrixir os erros moitas veces é truculento, difícil e aburrido.

Empezamos polas resistencias R1 a R4. Dobra os terminais moi preto do corpo da resistencia e introdúceos a través dos buracos correspondentes. Se abres lixeiramente as patas de cada compoñente non caerá ao darlle vólta á placa.

Suelda unha pata de cada compoñente. Presiona o soldador quente cun pouco de forza sobre a placa e o terminal do compoñente para asegurar unha boa transferencia de calor. Aplica suficiente estaño para que o terminal quede unido ao buraco. Se pos demasiado estaño pode saír pola parte de abaixo da placa (non é bo). Se aplicas pouco poderás ver a través do buraco. Se a soldadura non queda brillante posiblemente é debido a que é unha “soldadura fría” e pode non facer bo contacto. Aplica de novo o soldador uns segundos pero non engadas máis estaño.

Comproba que as resistencias quedan pegadas á placa. En caso contrario quenta o terminal e corrixe a posición con coidado de non queimarche. Cando todos estean o seu sitio suelda o outro terminal de cada compoñente.

Corta os terminais por abaixo da placa o máis a nivel posible (isto é necesario para que logo a pila encaixe ben no seu sitio).

Introduce o transistor seguindo o debuxo da placa. Suelda un terminal, comproba e no seu caso corrixe a posición e suelda os outros terminais.

Introduce os dous LED seguindo o debuxo da placa. En caso de dúbida, o terminal curto (o cátodo) quedan na parte de arriba cando podes ler a palabra Bricolabs. Suelda un terminal. Comproba e corrixe a posición e suelda o outro terminal. Curta a nivel os terminais do transistor e os dos LED

a

a

a

En toda a descrición imos manter a placa de circuíto impreso (PCB) nunha posición que chamaremos “natural”, por darlle un nome. Nas fotos pódese ver que está apaisada, cos conetores dos motores á dereita e o interruptor á esquerda.

Soldar é fácil. Pero se nunca soldaches antes é unha boa idea que lle botes antes unha ollada a **un manual coma este** e que practiques un pouco soldando uns compoñentes nunha placa de puntos, ou mellor, que montes un pequeno kit de iniciación á soldadura. En Bricolabs preparamos un pequeno kit e unhas instrucións para soldalo que podes atopar aquí.

É importante que comprobes dúas veces cada paso antes de soldar, porque corrixir os erros adoita ser truculento, laborioso e aburido.

É aconsellable soldar os compoñentes con perfil máis baixo primeiro (os que menos altura teñen sobre o plano da PCB) e logo seguir cos máis altos. Isto permítenos que os compoñentes non se movan nin caian cando apoiamos a placa contra a mesa.

  • Soldadura das resistencias
    Soldaremos primeiro todas as resistencias
    É boa idea colocar todas as resistencias de xeito que se lea o seu valor comodamente. É mais cómodo cando revisemos a placa e mesmo mais estético. Coa placa na posición das fotos deberíamos insertar as resistencias coa banda de tolerancia (color dorado ou plateado) a dereita.
    Un bo truco é soldar só unha das patillas de cada resistencia na primeira volta. A continuación comprobar se quedaron ben suxeitas e pegadas á placa de circuito impreso. En caso contrario, pódese corrixir a posición suxeitando ou empuxando a resistencia cunha ferramenta ou apoiandoa sobre da mesa e quentando o terminal soldado. NON TE QUEIMES. Unha vez comprobado que todas as resistencias están no seu sitio podes soldar a outra patilla de cada unha.\\Comproba que cada soldadura ten suficiente estaño sen que sobre e que é brillante (que non é unha “soldadura fría”).
    Mira ben de colocar cada resistencia no seu lugar correspondiente. Hai tres valores diferentes de resistencias. As cores que indicamos lense de esquerda a dereita, deixando sempre a franxa dourada ou prateada á dereita.
    • 4 x 1K (marrón, negro, vermello) R8, R9, R10 y R11
    • 5 x 10K (marrón, negro, laranxa) R14, R15, R16, R17 y R19 NON SOLDAR R12
    • 1 X 22K (vermello, vermello, laranxa) R18

proyectos/badge_intro_soldadura.1635544040.txt.gz · Última modificación: 2021/10/29 21:47 por Manuel Miramontes