Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


proyectos:dispositivos_de_reutilizacion_de_plasticos


Revisión previa
proyectos:dispositivos_de_reutilizacion_de_plasticos [2021/04/16 20:41] (actual) – editor externo 127.0.0.1
Línea 1: Línea 1:
 +
 +======= Investigación e desenvolvemento de dispositivos para a reciclaxe e reutilización de materiais plásticos =======
 +
 +
 +====== Que queremos facer? ======
 +
 +Queremos reutilizar plásticos de consumo ordinario para crear obxectos novos. Pensamos sobre todo en crear dispositivos que nos permitan triturar plástico de todo tipo para logo refundilo e conformalo, empregando principalmente as técnicas de moldeo e inxección.
 +
 +====== Team ======
 +
 +  *  procastino 
 +  *  Martín 
 +
 +====== Necesidades ======
 +
 +  *  Tapóns, botellas e plástico HDPE en xeral.
 +  *  Elementos calefactores (soldadores vellos, nicrom, resistencias de forno...)
 +  *  Lá de vidro ou illantes que resistan temperaturas elevadas.
 +  *  Recortes de planchas de aluminio ou outros metais (3 - 10 mm de espesor, 50x50 mm ou máis)
 +  *  Perfís rectangulares de aluminio ou outros metais.
 +  *  Un motor eléctrico de 2000W e 70 rpm. (se aparece isto, déixome bigote)
 +
 +====== Referencias ======
 +
 +
 +===== Precious Plastic =====
 +
 +O proxecto no que máis nos basaremos é o fantástico [[https://davehakkens.nl/projects/|precious plastic]], de Dave Hakkens. É un sistema completo de trituradora, extrusora de filamento, inxector e máquina de moldeo, open source, moi ben documentado, cunha comunidade moi grande e activa e con funcionamento comprobado ate certo punto.
 +
 +===== Outros =====
 +
 +Hai moitas experiencias coa reciclaxe de plásticos na internet, indicamos aquí algúns dos que máis interesantes nos parecen.
 +  *  Tapóns a planchas: [[https://www.youtube.com/watch?v=rpXq6mnbCus|Video]] Sen testar, fundido en forno de cociña e moldeado sinxelo en planchas.
 +  *  Bolsas de supermercado a lámina de plástico: [[https://www.youtube.com/watch?v=787VpNLjpmY|Video]] Sen testar, proceso caseiro e lento con plancha da roupa.
 +  *  Trituradora a pedal: [[https://www.youtube.com/watch?v=b9ZXEssM2P8|Video]] Xa que o motor da trituradora de Dave Hakkens é un compoñente difícil de atopar e/ou caro, unha opción alternativa con tracción humana.
 +
 +====== Planificación ======
 +
 +
 +===== Medio Prazo =====
 +
 +  -  Construír a trituradora.
 +  -  Construír a inxectora.
 +  -  Fabricar moldes.
 +  -  Facer un feixe de pezas.
 +
 +===== Curto prazo: =====
 +
 +  -  Probar a fundir plástico con técnicas caseiras.
 +  -  Tentar facer láminas de plástico.
 +
 +====== Folla de ruta ======
 +
 +
 +===== 25/06/16 =====
 +
 +Facemos probas con cartuchos calefactores de impresora 3D, alimentados a 12V cunha fonte de PC. Unimos un a unha plancha de aceiro duns 2 mm de espesor e 50x60mm. Con cartucho de 19 V, conseguimos uns 90º, cun cartucho de 24V uns 70º. Parece pouca potencia para conseguir fundir plástico. Queda por probar a poñer máis cartuchos xuntos. **Edición:** revisar este experimento de disipación, pode que non estea ben...
 +
 +
 +===== 01/07/2016 =====
 +
 +Probamos a fundir tapóns nun forno, a uns 180º parecen fundir cunha certa fluideza sen tostarse. Metimos un cacho de DM para probar a súa resistencia á temperatura, a 150º resiste ben, pero a partir daí comezan a degradarse as resinas e a calcinarse e fumegar.
 +
 +===== 04/07/2016 =====
 +
 +O forno deixou de funcionar :( Non puidemos fundir tapóns nin nada máis... tentamos arranxalo Pedro e Tucho pero non demos. Se cadra hai que buscar un forno novo.
 +
 +===== 15/07/2016 =====
 +
 +Temos a peza molde en aluminio na que insertamos dous cartuchos calefactores de 12V, dos que se usan nas RepRap. A temperatura a medimos cun polímetro con sonda. Aproximadamente, acadamos unha temperatura de 190º, co cal fundiamos tapóns de botella con facilidade. Simplemente os fumos metendo a cachiños e empurrando para o fondo, e só con iso acadamos unha peza de aspecto bastante regular e firme. Isolamos con cartóns, e foi preciso rodear toda a peza e tamén o fondo para conseguir a temperatura de fusión óptima, a calor escapa con moita facilidade por calquera parte mal isolada ou, sobre todo, en contacto con algún metal.
 +Tamén probamos unha resistencia de microondas en contacto cunha plancha de aluminio de 20x30 de 10mm de espesor, pero sen isolar non conseguiamos unha temperatura de fusión boa. Pensamos que cun bo isolamento si que se conseguirá, temos lá de rocha para probar. 
 +
 +{{old:archivo:peza1200.jpg?300|peza}}
 +{{old:archivo:peza_molde1200.jpg?300px|peza co molde}}
 +
 +
 +===== 19/07/16 =====
 +
 +Empregando lá de rocha como illante, poñemos a resistencia de forno enriba polo lado metalizado, aparentemente a calor da resistencia non dana a lá de rocha. Poñemos enriba unha plancha de 30x30 cm de aluminio de 1 cm de espesor, tarda uns 10 minutos en acadar unha temperatura de fusión de plástico. Empregamos conxuntamente unha plancha de viaxe para quencer por riba, con ela e un pouco de presión fúndese o plástico nun tempo reducido. O problema maior que se detecta con isto é que, despois de cada enmoldado, habería que enfriar moldes para despegar, o cal leva un tempo importante e sería un desperdicio enerxético.
 +Unha plancha de lá de rocha de 60x100 cm costou 8,50€ no Leroy Merlin. [[usuario:procastino|Procastino]] ([[usuario_discusion:procastino|discusión]]) 20:22 19 jul 2016 (CEST)
 +
 +
 +====== Arquivos e documentación ======
 +
 +  *  Prototipo de marco pequeno para facer placas. Pensado para meterlle dous ou catro cartuchos calefactores.
 +{{old:archivo:plastic_mold01.png?300|Molde}}
 +
 +