Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


Barra lateral

Traducciones de esta página:

Página principal

Análisis y comparativas

Eventos Guías Herramientas Información de interés Proyectos > Usuarios Varios Wiki Privado

No hay páginas en esta sección.

old admin

No hay páginas en esta sección.

proyectos:porta_bobinas

idiomas

Xa existe un feixe de portabobinas para cable, pero a min apetecíame deseñar o meu propio, así que aquí presento o meu traballo. Como características un chisco distintivas, podemos dicir que este portabobinas está pensado para os que non chegamos nunca a comprar unha bobina enteira de cable, pero que, aínda así, queremos de cando en vez pasar por persoas ordenadas. Por isto, deseñamos uns soportes para o “eixo” do portabobinas, que será un tubo ríxido calquera (no caso do exemplo, o sobrante dun rolo de papel de aluminio), e tamén deseñamos o núcleo da bobina.

800px|marco|centro|Portabobinas rematado e funcional.

Deixamos os ficheiros en Freecad das pezas empregadas para que calquera as poida modificar e adaptar, se é que é capaz de descifrar algo do meu intrincado sistema de traballo neste programa. Aviso que isto foi unha práctica para aprender a deseñar, non sorprenderse polas torpezas no deseño! ;)

Equipo

  • procastino

Enlaces

  • Wire Spool Holders, uns cantos exemplos que hai por thingiverse. Pero o meu mólame máis.

Galería

Archivo:Tubo.jpg|Un pedazo tubo do papel de aluminio. Flipa…Archivo:bobina.jpg|A bobina para envolver o cable.Archivo:portaeixoEsc.jpg|O portaeixo que se introduce no tubo.Archivo:SoportesEixoEsc.jpg| Os portaeixos co tubo colocado.Archivo:PortabobinasEnsambladoEsc.jpg| O portabobinas ensamblado.Archivo:PortabobinasFin.jpg| Fin!

Recursos

Hardware

  • Impresora 3D
  • Plástico para imprimir.
  • Un tubo

Modelos 3D

Subo os .stl e os .fcstd . Síntanse libres de facer con eles o que queiran :) Edición: Modificados os soportes para o eixo, ao final resulta que o cable ten un peso e iso require uns soportes máis robustos…

Ficheiros 3D

Software

Deseñado con Freecad.

Outras consideracións

O montaxe non require moita explicación, nada máis sinalar que as bobinas deben quedar ben xuntas, ao ter un separador nada máis por un lado, se hai separación entre elas o cable tende a meterse entre unha bobina e outra e non queda ben. Se ao poñelas no tubo non cadran ben xustas, poñéndolle unha brida para que queden ben arrimadas se arranxa ben.

Se un día volto atopar ganas e tempo, mirarei de deseñar algo de xeito que non haxa que sacar o soporte se queremos poñer ou quitar unha bobina. Se alguén se anima, xa sabedes, está aberto! :)

proyectos/porta_bobinas.1440665394.txt.gz · Última modificación: 2021/04/16 20:37 (editor externo)