Oshwi:proxecto de electrónica e téxtiles
Oshwi, deseñado por Natalia Gómez, é a mascota da OSHWDem,a feira de tecnoloxía aberta que dende hai anos organiza BricoLabs.
Despois da versión amigurimi e do Oshwi Badge, e como parte do evento Hackaton de textiles e electrónica demos en facer unha versión de tea e interactiva. Esta páxina tenta describir o paso a paso do proxecto para que calquera persoa poida construír e programar a súa mascota.
Equipo:
Lista de materiais:
Tea azul de punto de 70 cm de longo e 120 cm de ancho.
Entretea adhesiva para ferro de pasar (plancha) da mesma medida.
Fío costura azul de cor similar á tea.
Miraguano ou recheo de coxín.
Arroz, alpiste ou algúnha outra semente seca para recheo.
Fío conductivo: utilizamos o High-Flex 3981 de Karl Grimm que nos recomendou
Paola.
Aquí tedes unha guía interesnte da súa man.
Corchetes metálicos (podedes ver cales nunha imaxe máis abaixo).
Neopixels: utilizamos
estes en concreto ainda que os tedes máis baratos en páxinas chinesas. Aproveitamos a coroa de 8 e de 12 neopixels.
-
2 Resistencias 10 K Ohm.
Cable eléctrico .
Tubo termoretráctil.
Pinzas crocodilo:usamos
estas.
Varilla aluminio oca de 6mm.
PLA branco e negro.
Ferramenta:
Confección do boneco en tea:
Patronaxe:
Descarga e imprime os patróns (A1) e recorta as pezas pola liña de puntos.
Costura:
Estira a tea e pega a entretea polo revés do tecido. Fíxate ben en que o pegamento estea en contacto con el. Pégao pasando o ferro pola entretea SEN VAPOR.
Dobra o tecido pola metade e distribue nel as pezas do patrón. Marca cun xiz o contorno ou préndeos con alfinetes. Logo recorta cada peza. Recorda que precisamos 2 pezas tipo C , 4 pezas A e 4 tipo B. Como xa tes a tea dobre, tan só terás que recortar 1 tipo C (xa saen dúas 2) , 2 tipo A (saen 4) e 2 tipo B (saen 4).
Monta as dúas pezas da cabeza coa entretea cara fóra e hilvana ou pon alfinetes no tronco e na cabeza.
Cose coa máquina, ou se non sabes, a man, deixando unha costura de 5 mm aproximadamente.
OLLO, NON COSAS AÍNDA OS TENTÁCULOS!
Coloca as pezas soltas dos tentáculos A e B enriba do seu correspondente tentáculo ca peza C e hilvana ou pon alfinetes. Cose do mesmo xeito deixando a mesma costura de 5 mm. Ao rematar este punto terás só sen coser os triángulos que cerran o boneco por abaixo.
Antes de dar a volta ao boneco, fai uns piquetes (pequenos cortes) nos lugares marcados no patrón en forma de T. Son cortes de 3 ou 4 mm, non poden chegar a cortar a costura. Estes cortes serven para que o tecido non tire ao darlle a volta.
Unha vez feitos os piquetes, dalle a volta e axúdate dun lapis ou dun pao fino (palillo chinés) para que nas zonas onde hai vértices a forma quede ben definida. Ao rematar este proceso deberías ter o boneco montado cunha abertura por abaixo para o recheo.
Tentaremos incluír máis adiante fotos destas primeiras fases do proxecto.
Recheo:
Para o recheo utilizamos 2 tipos de materiais:
Nos tentáculos, para que poidan manter a forma cando os colocas e o boneco se manteña de pé, utilizamos arroz pero podes rechealo con alpiste, mijo ou outro tipo de semente. Podes axudarte dun pequeño funil e dun pauciño para axudar a que os grans chegaran abaixo. Nos últimos dous centímetros de tentáculo, pon recheo de coxín para que non caia o arroz.
Unha vez recheado, xa podes coser a man o “cu” do boneco pero deixa un segmento sen coser para continuar coa montaxe.
Os ollos: impresión 3D e Neopixels
Nunha primeira versión, puxemos os ollos de fieltro, branco e negro, pero pareceunos unha idea máis interesante imprimilos. Podedes descargar os arquivos STL de Thingiverse.
Están impresos en filamento branco con paredes moi finas (0,8 mm) para que deixen pasar a luz dos Neopixels. Para coselos pode vir ben un tipo de agullas curvas.
Iso si, se queres seguir o noso modelo, antes de coser os ollos pon os aneis de Neopixels. Nós utilizamos os que che deixamos no enlace, só o anel de 8 neopixels para o ollo pequeño e o de 12 neopixels para o ollo maior. Fai un furado e atravesa a cabeza de Oshwi e saca o cable de entrada do anel de 12 neopixels por abaixo, polo segmento do “cu” que deixamos sen coser. Ten conta que os dous aneis queden correctamente conectados e corta o cable de saída do anel máis pequeño para que non estorbe. Fixa os aneis no seu lugar cunhas puntadas de fío (si, é máis xeitoso que coa cola quente!) e, feito isto, xa podes coser os ollos á cabeza. Podes axudarte das agullas curvas.
Instalando o cerebro: a placa e a base de fieltro
Nós optamos por colocar a placa, a Circuit Playgroud Express, na parte de atrás do boneco e no corpo de Oshwi. Isto ten as súas avantaxes e inconvintes. Por exemplo, fai máis complicado utilizar o sensor de son, ou a visibilidade dos Neopixels integrados na placa. Sen embargo, o deseño é máis limpo e resalta máis calquera xogo que se poda facer cos ollos. Pero iso vai “a gusto do consumidor” ou en función das necesidades.
En calquera caso, e pensando en utilizar a placa para outros proxectos, optamos por facer un 2 parches de fieltro como os da imaxe. Podes desargar a plantilla aquí.
