Análisis e comparativas
Análisis e comparativas
Unha guía e rexistro do que fixemos procastino, Claudia e Samuel na sesión de iniciación a ESP o venres 3 de xuño de 2022. Imos empregar un ESP8266.
Baseámonos no titorial de Rui Santos (randomnerd).
Seguindo as explicacións, buscamos ao usuario “botfather” en telegram. Dámoslle ao botón de “Iniciar”, que envía o comando /start. Enviamos o comando /newbot. Damos un nome de bot e un nome de usuario. O nome de usuario ten que rematar en “bot” e non pode coincidir con outro usuario existente, así que é un pouco difícil atopar un bon. Unha vez creado, accedemos a el e nos dá unha “token” que debemos gardar. É un chorro longo de cifras e letras. De momento non facemos o de obter a nosa ID, porque non nos importaría que calquera usase o noso bot. Logo o modificaremos.
Seguimos os pasos do titorial e nos funcionan ben, non parece que sexa moi complicado. Cargamos un blink e funciona á primeira!
Seguimos a ligazón que pon no titorial, descargamos a librería e a instalamos seguindo os pasos, non é difícil, o único importante é que Samuel vexa que “sketch” en inglés é “programa” se tes o Arduino en español. A biblioteca arduinoJson se instala desde o xestor de bibliotecas de Arduino.
Copiamos o código do titorial e o pegamos nun programa novo no arduino. Conectamos un led con resistencia ao pin 2. Buscamos a liña onde se ten que poñer o nome da wifi e tamén o contrasinal e o poñemos. Logo tamén poñemos o token que nos deu o bot de telegram
O led o enchufamos no pin 2 do ESP8266, que na nosa placa se corresponde co D4. Polo outro lado, acaba en negativo, que está etiquetado coa letra G. Como as placas que temos son moi anchas para a breadboard, temos que facer as conexións debaixo da placa e é un pouco complicado.
Subimos o programa, que nos dá un pouco de problema polo cable, que estaba mal.
Comentamos as seguintes liñas de código para que o programa funcione sen ningunha ID, que agora nos interesa que se poida manexar desde calquera conta.
<language-c>
if (chat_id != CHAT_ID){
bot.sendMessage(chat_id, “Unauthorized user”, “”);
continue;
}
</language-c>