Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


Barra lateral

Translations of this page:

Páxina principal

Análisis e comparativas

this namespace doesn't exist: gl:analisis_y_comparativas
Documentación
this namespace doesn't exist: documentacion
Eventos Guías Ferramentas
this namespace doesn't exist: gl:herramientas
Información de interese Proxectos > Usuarios
this namespace doesn't exist: gl:user
Varios Wiki Privado old
this namespace doesn't exist: gl:old
admin
this namespace doesn't exist: gl:admin

gl:organizacion:compras

*BORRADOR*

Procedemento de compras

Se ves que en Bricolabs falta algún material, ou algo necesita ser renovado, ou a ti mesmo/a se che estragou co uso é importantísimo que te fagas cargo de solucionar a situación, é responsabilidade de tod@s manter e mellorar o noso taller. Nesta sección descríbese o procedemento de compras para material e ferramentas da asociación.

Tipos de compra

Compras menores de 20 €

Calquera socio ou socia poderá realizar compras menores de 20 € enviando unha mensaxe á lista de correo e agardando 48h, por se hai algunha opinión ao respecto ou palabra en contra.

Compras entre 20 e 150 €

Deberase facer unha proposta na lista de correo, que debe ser valorada positivamente polo Tesoureiro/a e outro/a membro da Xunta Xestora.

Compras superiores a 150 €

Deberase facer proposta na lista de correo, que debe ser valorada positivamente pola Xunta Xestora, unha vez escoitadas as opinións dos socios e socias na lista de correo.

Proxectos da asociación

Os socios e socias poden propoñer proxectos que queiran desenvolver e que vaian quedar como patrimonio de Bricolabs. Neste caso, a asociación asumiría parte ou a totalidade dos custes do proxecto. Para isto, deberase facer proposta na lista de correo que debe ser valorada positivamente pola Xunta Xestora, unha vez escoitadas as opinións dos socios e socias na lista de correo.

Insigne Xefe Plenipotenciario de Taller (IXPT)

O IXPT pode efectuar as compras que estime oportunas para o mantemento e mellora do taller, previa comunicación co Tesoureiro/a e avisando pola lista de correo se a compra fose relevante.

Pagos e reintegros

A persoa que fai a compra deberá adiantar os cartos e solicitar factura, sexa física ou electrónica, con IVE ben indicado dentro da mesma, cos seguintes datos:

<note tip> Asociación Bricolabs

CIF: G70391156

Rúa Adelaida Muro, 18 Baixo - B

15002 A Coruña</note>

Unha vez feita a compra, farase chegar a factura ao Tesoureiro/a, momento no cal este reintegrará o importe. A factura física ten que quedar arquivada có resto de facturas da asociación.

Pagos por Paypal, transferencia ou con tarxeta de crédito

No caso de que se teña ou queira pagar con algún de estos medios o pago será efectuado polo tesoreiro da asociación (ou excepcionalmente por unha persoa autorizada pola Xunta Xestora con tarxeta de BricoLabs)

<note warning> No caso de gastos subvencionables de calquer cuantía, sempre que sexa posible e obligatoriamente en calquer gasto superior aos 100 euros, teremos que pagar con algún de estos medios para que quede constancia documentada de que o pago o fai BricoLabs. </note>

gl/organizacion/compras.txt · Última modificación: 2021/04/16 20:41 por 127.0.0.1