Análisis e comparativas
Análisis e comparativas
Esta é unha revisión antiga do documento!
*BORRADOR*
Se ves que en Bricolabs falta algún material, ou algo necesita ser renovado, ou a ti mesmo/a se che estragou co uso é *importantísimo* que te fagas cargo de solucionar a situación, é responsabilidade de tod@s manter e mellorar o noso taller. Nesta sección descríbese o procedemento de compras para material e ferramentas da asociación.
Calquera socio ou socia poderá realizar compras menores de 20 € enviando unha mensaxe á lista de correo e agardando 48h, por se hai algunha opinión ao respecto ou palabra en contra.
Deberase facer unha proposta na lista de correo, que debe ser valorada positivamente polo Tesoureiro/a e outro/a membro da Xunta Xestora.
Deberase facer proposta na lista de correo, que debe ser valorada positivamente pola Xunta Xestora, unha vez escoitadas as opinións dos socios e socias na lista de correo.
Os socios e socias poden propoñer proxectos que queiran desenvolver e que vaian quedar como patrimonio de Bricolabs. Neste caso, a asociación asumiría parte ou a totalidade dos custes do proxecto. Para isto, deberase facer proposta na lista de correo que debe ser valorada positivamente pola Xunta Xestora, unha vez escoitadas as opinións dos socios e socias na lista de correo.
O IXPT pode efectuar as compras que estime oportunas para o mantemento e mellora do taller, previa comunicación co Tesoureiro/a e avisando pola lista de correo se a compra fose relevante.