Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


Barra lateral

Translations of this page:

Páxina principal

Análisis e comparativas

this namespace doesn't exist: gl:analisis_y_comparativas
Documentación
this namespace doesn't exist: documentacion
Eventos Guías Ferramentas
this namespace doesn't exist: gl:herramientas
Información de interese Proxectos > Usuarios
this namespace doesn't exist: gl:user
Varios Wiki Privado old
this namespace doesn't exist: gl:old
admin
this namespace doesn't exist: gl:admin

gl:organizacion:compras

Esta é unha revisión antiga do documento!


*BORRADOR*

Procedemento de compras

Se ves que en Bricolabs falta algún material, ou algo necesita ser renovado, ou a ti mesmo/a se che estragou co uso é *importantísimo* que te fagas cargo de solucionar a situación, é responsabilidade de tod@s manter e mellorar o noso taller. Nesta sección descríbese o procedemento de compras para material e ferramentas da asociación.

Tipos de compra

Compras menores de 20 €

Calquera socio ou socia poderá realizar compras menores de 20 € enviando unha mensaxe á lista de correo e agardando 48h, por se hai algunha opinión ao respecto ou palabra en contra.

Compras entre 20 e 150 €

Deberase facer unha proposta na lista de correo, que debe ser valorada positivamente polo Tesoureiro/a e outro/a membro da Xunta Xestora.

Compras superiores a 150 €

Deberase facer proposta na lista de correo, que debe ser valorada positivamente pola Xunta Xestora, unha vez escoitadas as opinións dos socios e socias na lista de correo.

Proxectos da asociación

Os socios e socias poden propoñer proxectos que queiran desenvolver e que vaian quedar como patrimonio de Bricolabs. Neste caso, a asociación asumiría parte ou a totalidade dos custes do proxecto. Para isto, deberase facer proposta na lista de correo que debe ser valorada positivamente pola Xunta Xestora, unha vez escoitadas as opinións dos socios e socias na lista de correo.

Insigne Xefe Plenipotenciario de Taller (IXPT)

O IXPT pode efectuar as compras que estime oportunas para o mantemento e mellora do taller, previa comunicación co Tesoureiro/a e avisando pola lista de correo se a compra fose relevante.

Pagos e reintegros

A persoa que fai a compra deberá adiantar os cartos e solicitar factura, sexa física ou electrónica, con IVE ben indicado dentro da mesma, cos seguintes datos:

<note tip> Asociación Bricolabs</b>

CIF: G70391156 Rúa Adelaida Muro, 18 Baixo - B

15002 A Coruña</note>

Unha vez feita a compra, farase chegar a factura ao Tesoureiro/a, momento no cal este reintegrará o importe.

gl/organizacion/compras.1534610991.txt.gz · Última modificación: 2021/04/16 20:38 (edición externa)