Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


Barra lateral

Translations of this page:

Páxina principal

Análisis e comparativas

this namespace doesn't exist: gl:analisis_y_comparativas
Documentación
this namespace doesn't exist: documentacion
Eventos Guías Ferramentas
this namespace doesn't exist: gl:herramientas
Información de interese Proxectos > Usuarios
this namespace doesn't exist: gl:user
Varios Wiki Privado old
this namespace doesn't exist: gl:old
admin
this namespace doesn't exist: gl:admin

gl:organizacion:orden

Manteña o caos controlado

Este artigo ten como obxectivo reducir a entropía da situación espacial dos obxectos na sala makerDomus e os talleres dentro dela.

Normas Xerais

  1. A sala makerDomus é de tod@s. Iso é, tod@s a podemos disfrutar e tod@s somos responsables da súa orde, limpeza e seguridade.
  2. Non é un depósito de obxectos que non collen na casa.
  3. Se ves que alguén non cumple con estas normas, avísalle. Igual non as coñece.
  4. Calquera obxecto, elemento, compoñente e, en xeral, cousa que non teña nome e data e non estea nunha caixa etiquetada, pode ser disposto pola asociación para o seu uso ou desbote.

Estantería Principal

Esta estantería é o lugar onde, agás excepcións, deberá estar todo o material dos socios. Ten estantes con materiais de uso común para os asociados, zona para as cousas dos socios e zona reservada para material da asociación que non debe ser collido sen autorización.

Zona de materiais comúns

  • O material desta zona pode ser usado polos socios para os seus proxectos.
  • Todo o material, agás cando o tamaño o impida, deberá estar en caixas. Se a caixa se queda pequena, busca unha máis grande.
  • Como norma xeral, se levas algo, tenta repoñelo ou, se tes algunha outra cousa que poida ser de interese, traena.

Zona de socios

  • Cada socio ou socia poderá dispoñer dunha caixa para almacenar as súas cousas.
  • Para dispoñer de espazo extra, deberá escribir un correo á lista explicando que quere almacenar e o espazo que precisa.
  • Tanto as caixas como o material que estea fóra destas, deberá ter nome e data.
  • As caixas que teñan unha data con 6 meses de antigüedade, previo aviso ao socio mediante correo electrónico, poderán ser baleiradas e o material posto a disposición da asociación.
  • Todo o material que teña unha data con máis de 3 meses de antigüedade, poderá ser posto a disposición de calquera asociado no “recuncho de desbote”.
  • Para renovar unha data, abonda con riscar a última e actualizala.

Zona de proxectos de Bricolabs

  • Nesta zona situaranse proxectos rematados propiedade da asociación.
  • Os asociados poderán acceder a eles, facéndose responsables do seu mantemento.
  • Deberán estar sempre dispoñibles e presentables para os días de portas abertas.

Zona de talleres e materiais da asociación

  • Deberase contar con autorización dun membro da Xunta Xestora ou responsable de obradoiro para dispoñer deste material.
  • O material desta zona é para desenvolver talleres ou para as distintas actividades de Bricolabs.
  • Todo o material está en caixas etiquetadas e inventariado, é IMPRESCINDIBLE que siga así sempre.
  • Podes consultar o inventario no Drive da asociación, na ruta “Asociación > Material > Inventario”.
  • Se es responsable dun obradoiro, saberás qué facer co material, isto é, telo controlado para novas edicións.
  • Se non tes autorización non collas nada, non toques nada. Cortamos deditos.
gl/organizacion/orden.txt · Última modificación: 2021/04/16 20:41 (edición externa)