Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


Barra lateral

Translations of this page:

Páxina principal

Análisis e comparativas

this namespace doesn't exist: gl:analisis_y_comparativas
Documentación
this namespace doesn't exist: documentacion
Eventos Guías Ferramentas
this namespace doesn't exist: gl:herramientas
Información de interese Proxectos > Usuarios
this namespace doesn't exist: gl:user
Varios Wiki Privado old
this namespace doesn't exist: gl:old
admin
this namespace doesn't exist: gl:admin

gl:proyectos:grouprandomizer

Esta é unha revisión antiga do documento!


Group Randomizer

Este é un proxecto para crear un selector aleatorio de alumnado por grupo. Isto quere dicir, é un trebello que nos dá de cada vez un alumno/a ao chou dentro dun grupo. O que se pretende, desde o punto de vista pedagóxico, é maximizar a implicación do alumnado e mellorar o coñecemento que o docente ten do nivel de adquisición de contidos do alumnado. Isto faise porque, nas preguntas de clase, no canto de pedir voluntarios ou seleccionar intencionalmente ao alumno/a que respostará, será o randomizador o que determine a persoa que terá que contestar. Se queres afondar, este é unartigo interesante.

Tecnicamente, emprega un M5 Stick C Plus, que está tremendamente infrautilizado como microcontrolador, pero o tiña a man e se adapta moi ben a isto, xa que ten unha pantalliña moi chachi, tamaño pequeno e batería. Se liches o artigo de máis arriba, xa viches que isto mesmo se pode facer con métodos menos overkill e, seguramente, máis axeitados, pero é o que temos os profes de tecnoloxía…

group randomizer

É un proxecto sinxelo que só precisa ter o dispositivo, instalar as placas e librarías correspondentes e subir o código, que creo que está comentado abondo. Unicamente hai que modificar os grupos aos que se lles da clase, o nome do alumnado en cada un e os “límites” entre un e outro grupo. Presionando o botón grande do M5 cámbiase dun grupo ao seguinte, axitándoo no eixo Z danos o nome do seguinte alumno/a. Cun vídeo de 31 segundos chega ben para entendelo :)

gl/proyectos/grouprandomizer.1640213075.txt.gz · Última modificación: 2021/12/22 22:44 por Tucho Méndez