Análisis e comparativas
Análisis e comparativas
Esta é unha revisión antiga do documento!
MOLDES DE GALLETAS CON FERRAMENTAS LIBRES
Un dos primeiros proxectos nos que dei en pensar ao dispor dunha impresora 3D foi o de fabricar os meus propios moldes para galletas. Un obxectivo asequible, divertido e gorentoso co que podería convencer a toda a familia da utilidade do noso novo cacharro.
O primeiro paso foi procurar información na rede. En efecto, hai ducias de entradas con videos e titoriais para deseñar e imprimir os teus propios moldes. Iso si, moi poucos que se axustaran á nosa premisa de utilizar software libre. Deles, un par parécenme intersantes por diferentes razóns:
A guía que poderedes ler de seguido está baseada fundamentalmente no segundo e utiliza o complemento de Inkscape Path to cookies . Iso si, a receita é da nosa colleita, o mesmo que algúns trucos e indicacións que agardamos sexan de utilidade. Comezamos!
Como comentabamos no comezo deste artigo, as las aplicacións que utilizaremos tanto no proceso de deseño como no de impresión 3D son software libre. Esta era una premisa de partida coherente coa la filosofía de BricoLabs.
Aqueles que, como é o meu caso, non dominedes moito este programa, aconséllovos consultar algún titorial básico. Podedes atopar moita información na rede. A verdade é que eu non seguín ningún en concreto, máis ben fun peteirando aco e aló, así que non vos aconsellarei ningún máis aló do que se inclúe na páxina oficial.
Para ir describindo o proceso deseñaremos e imprimiremos un molde a partires do debuxo dun neno, en concreto do “coello de orellas pequenas” que debuxou a miña sobriña. Estes son os pasos a seguir:
Unha vez terminado o debuxo, é o momento de utilizar o script Path to Cookies!
Selecciona o obxecto que desexes importar e fai clic no menú Extensiones> Generar desde trayecto>Path to cookies.O menú Path to Cookies debería abrirse.
Vexamos os diferenres parámetros que podemos configurar no mesmo:
No caso 2 (bisel) a altura e o ancho determinarán ol ángulo do bisel. Se os dous teñen o mesmo valor o ángulo será de 45º.
A grella de soporte será últil cando vaiamos a incluír no noso molde elementos interiores para marcar ou facer baleirados interiores. Non caso de non precisar estes elementos é aconsellable non utilizala pois será máis doado desmlodar as galletas.
Unha vez configuradas todas estas opcións exportamos o molde e abrímolo con OpenSCAD. Se é grande e require moitos cálculos pode tardar en abrirse. Unha vez en pantalla facemos clic no botón Render (ou prememos F6) para visualizalo. Agora só queda exportalo en formato STL. Xa temos o noso molde listo para imprimir.
No arquivo .scad podemos modificar todos os parámetros vistos anteriormente e ademais algúns outros que só poderemos configurar nel. Son os seguintes:
Ata aquí as instruccións para crear un molde que corte a masa sen ningún tipo de elemento interior. Pero en ocasións quereremos incorporar aos nosos deseños baleirados ou impresioóns sobre a masa. Vexamos como facelo seguindo uns exemplos.
CASO 1: Imaxinemos que queremos crear un molde para unha galleta coa forma de donut ou rosquilla, unha circunferencia exterior con outra recortada no interior.
CASO 2: Nesta ocasión imos crear un elemento que marque no interior da nosa galleta para debujar sobre ela una determinada forma. Por exemplo, o ollo e as manchas no noso “Coello de orellas pequenas”. Para elo, sigamos estes pasos:
CASO 3: Para marcar interiormente la galleta, ás veces pode ser máis interesante crear un tampón interior. Nese caso:
Peneira os 175 gramos de farina nun cunco, engade o azucre, o cacao no caso da masa con chocolate, e remove. Engade os 125 gramos de manteiga en anacos, traballa a manteiga e a fariña xuntas ata que a mistura parezan migas. Engade unha cullerada de leite e mistura coas mans ata formar unha bóla de masa.
Deixa arrefriar a masa na neveira unhas horas envolta nun filme transparente para que sexa máis fácil de traballar. Prepara una superficie lisa e empóaa de fariña. Estira a masa cun rolete enfariñado ata obtener o grosor desexado e emplea o molde para cortarla. Coloca as galletas na bandexa sobre un papel de forno e enforna a 180º. É importante ter prequentado o forno a esa temperatura.
A continuación déixovos algunhas imaxes do proceso. Bo proveito!