Análisis e comparativas
Análisis e comparativas
Esta é unha revisión antiga do documento!
Oshwi, deseñado por Natalia Gómez, é a mascota da OSHWDem,a feira de tecnoloxía aberta que dende hai anos organiza BricoLabs.
Despois da versión amigurimi e do Oshwi Badge, e como parte do evento Hackaton de textiles e electrónica demos en facer unha versión de tea e interactiva. Esta páxina tenta describir o paso a paso do proxecto para que calquera persoa poida construír e programar a súa mascota.
Tentaremos icluír máis adiante fotos destas primeiras fases do proxecto.
Para o recheo utilizamos 2 tipos de materiais:
Tentáculos: para que poidan manter a forma cando os colocas e o boneco se manteña de pé, nós utilizamos arroz pero podes rechealo con alpiste, mijo ou outro tipo de semente. Nós axudámonos dun pequeño funil e dun pauciño chinés para axudar a que os grans chegaran abaixo. Nos últimos dous centímetros de tentáculo, pon recheo de coxín para que non caia o arroz.
03_recheo 04_recheo
Unha vez recheado, xa podes coser a man o “cu” do boneco pero deixa un segmento sen coser para continuar coa montaxe.
OS OLLOS: IMPRESIÓN 3D E NEOPIXELS
Nunha primeira versión, puxemos os ollos de fieltro, branco e negro, pero pareceunos unha idea máis interesante imprimilos. Aquí tedes os arquivos STL.
Como veredes, están impresos en filamento branco con paredes moi finas (0,8 mm) para que deixen pasar a luz dos Neopixels. Para coselos pode vir ben un tipo de agullas curvas.
06_ollos
Iso si, se queres seguir o noso modelo, antes de coser os ollos situa os aneis de Neopixel. Nós utilizamos os que che deixamos no enlace, só o anel de 8 neopixels para o ollo pequeño e o de 12 neopixels para o ollo maior. Fai un furado e atravesa a cabeza de Oshwi e saca o cable de entrada do anel de 12 neopixels por abaixo, polo segmento do “cu” que deixamos sen coser. Ten conta que os dous aneis queden correctamente conectados e corta o cable de saída do anel máis pequeño para que non estorbe.
Feito isto, xa podes coser os ollos á cabeza.
INSTALANDO O CEREBRO: BASE DE FIELTRO
Nós optamos por colocar a placa, a Circuit Playgroud Express, na parte de atrás do boneco e no corpo de Oshwi. Isto ten as súas avantaxes e inconvintes. Por exemplo, fai máis complicado utilizar o sensor de son, ou a visibilidade dos neopixels que ten integrados na placa. Sen embargo, o deseño é máis limpo e resalta máis calquera xogo que se poda facer cos ollos. Pero iso vai “a gusto do consumidor” ou en función das necesidades. 07_traseira
En calquera caso, e pensando en utilizar a placa para outros proxectos, optamos por facer un 2 parches de fieltro como os da imaxe. 08_parche 09_parche
Un vai cosido ao boneco e leva unha das partes dos corchetes metálicos. Aí coseremos os fíos conductivos que cheguen dende outras partes. No outro, coa mesma forma, coseremos a placa e, no reverso, a outra parte dos corchetes. Só uniremos os corchetes cos pads da placa que vaiamos precisar. No nosos caso A2, A3, A4 e A7 xa que os A5 e A6 os deixaremos para o ultra son e o A1 para controlar os Neopixels.
10_cables
COSER OS TENTÁCULOS
Como a nosa idea é aproveitar a capacitividade dos pads da placa, decidimos coser un fío a través dos catro tentáculos dianteiros ata cada un dos pines indicados: A2, A3, A4 e A7. Desta maneira, ao tocalos, poderemos implementar diferentes accións. Nun primeiro exemplo, emitiranse 4 notas musicais. Para coselos utilizamos, como vedes na imaxe, puntadas longas por encima da tea e unha pequena espiral na punta. Sen que se crucen (moi importante!) levámolos aos corchetes correspondentes a cada pad. 11_puntadas 12_puntadas
SENSOR DE ULTRA SON
A “ñ” era o sitio ideal para situal un sensor de este tipo, de tal xeito que ao aproximarte a Oshwi, este respondera dalgún xeito. Buscando documentación atopamos este exemplo na páxina de Adafruit que nos seviu como refencia para conectalo salvando a dificiltade da lóxica de 3.3v e para programalo.
https://learn.adafruit.com/distance-measurement-ultrasound-hcsr04/connect-the-sensor
Con esta dificultade “salvada” nos decidimos a deseñar unha “ñ” para imprimir onde poder aloxar o sensor. Esta é o arquivo STL 13_ultrason
Seguindo o esquema do titorial, e para non soldar directamente nos pins do sensor, utilizamos unhas tiras de pines macho-femia que tiñamos pola casa ainda que tería sido máis “curioso” crimpar os cables con terminais DuPont. Para soster a “ñ”, tiramos dun anaco de varilla oca de alumino de 6 mm que tamén tiñamos por casa e que proviña dun vello tendedoiro. Foi ideal para poder pasar os cables por dentro e sacalos pola parte de abaixo como se aprecia na imaxe anterior. 14_ultrason
Fixemos un furado na parte traseira da cabeza (que rematamos con fío para que non continuase abrindo), introducimos a varilla cos cables e a “ñ” montada. Rematado este proceso xa se pode coser o que queda aberto no “cu” do boneco deixando os cables fóra.
Para conectalos á Playground Express optamos por unhas pinzas de crocodilo unindo os cables de alimentación (a VOUT da placa) e GND.
PROGRAMACIÓN
No artigo Tapiz de electrónica y textiles (https://bricolabs.cc/wiki/eventos/tapiz_textiles_electronica) describimos as diferentes posibilidades de programación da placa. Para os exemplos que veredes a continuación optamos por MakeCode (https://www.microsoft.com/en-us/makecode), unha ferramenta aberta moi intuitiva de programación por bloques aberta coa que podes programar diferentes placas, entre ellas, A Circuit Playgroud Express. Non precisas instalar nada no teu oredandor, traballas dende o navegador descargando á placa un código javascript que podes editar tamén directamente.
Ademáis do titorial que vos citamos arriba para o HC-SR04, foinos de utilidade este video que explica, dunha maneira moi sinxela, como programar unha tira de Neopixels externa. https://www.youtube.com/watch?v=0v7HI9W6pks
Ata aquí este titorial. Agardamos que sexa de utilidade e que vos inspire a crear, animar e programar as vosas propias mascotas!