Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


Barra lateral

Translations of this page:

Páxina principal

Análisis e comparativas

this namespace doesn't exist: gl:analisis_y_comparativas
Documentación
this namespace doesn't exist: documentacion
Eventos Guías Ferramentas
this namespace doesn't exist: gl:herramientas
Información de interese Proxectos > Usuarios
this namespace doesn't exist: gl:user
Varios
this namespace doesn't exist: gl:varios
Wiki Privado old
this namespace doesn't exist: gl:old
admin
this namespace doesn't exist: gl:admin

mbstring extension must be loaded in order to run mPDF
gl:proyectos:oshwi_de_tela

Esta é unha revisión antiga do documento!


Oshwi:proxecto de electrónica e téxtiles

Oshwi, deseñado por Natalia Gómez, é a mascota da OSHWDem,a feira de tecnoloxía aberta que dende hai anos organiza BricoLabs.

Despois da versión amigurimi e do Oshwi Badge, e como parte do evento Hackaton de textiles e electrónica demos en facer unha versión de tea e interactiva. Esta páxina tenta describir o paso a paso do proxecto para que calquera persoa poida construír e programar a súa mascota.

Equipo:

Lista de materiais:

  • Tea azul de punto de 70 cm de longo e 120 cm de ancho.
  • Entretea adhesiva para ferro de pasar (plancha) da mesma medida.
  • Fío costura azul de cor similar á tea.
  • Miraguano ou recheo de coxín.
  • Arroz, alpiste ou algúnha outra semente seca para recheo.
  • Fío conductivo: utilizamos o High-Flex 3981 de Karl Grimm que nos recomendou Paola.Aquí tedes unha guía interesnte da súa man.
  • Corchetes metálicos (podedes ver cales nunha imaxe máis abaixo).
  • Neopixels: utilizamos estes en concreto ainda que os tedes máis baratos en páxinas chinesas. Aproveitamos a coroa de 8 e de 12 neopixels.
  • Sensor Ultrason HC-SR04
  • 2 Resistencias 10 K Ohm.
  • Cable eléctrico .
  • Tubo termoretráctil.
  • Pinzas crocodilo:usamosestas.
  • Varilla aluminio oca de 6mm.
  • PLA branco e negro.

Ferramenta:

  • Tesoura de tea.
  • Xiz ou alfinetes.
  • Máquina de coser.
  • Agullas de coser: utilizamos algunhas co ollo largo para que entre o fío conductivo (agullas de bordar n.º 9). Para os ollos mellor conseguir agullas curvas.
  • Impresora 3D.
  • Alicates.
  • Soldador.
  • Ferro de pasar(plancha).

Confección do boneco en tea:

Patronaxe:

Descarga e imprime os patróns (A1) e recorta as pezas pola liña de puntos.

Costura:

  1. Estira a tea e pega a entretea polo revés do tecido. Fíxate ben en que o pegamento estea en contacto con el. Pégao pasando o ferro pola entretea SEN VAPOR.
  2. Dobra o tecido pola metade e distribue nel as pezas do patrón. Marca cun xiz o contorno ou préndeos con alfinetes. Logo recorta cada peza. Recorda que precisamos 2 pezas tipo C , 4 pezas A e 4 tipo B. Como xa tes a tea dobre, tan só terás que recortar 1 tipo C (xa saen dúas 2) , 2 tipo A (saen 4) e 2 tipo B (saen 4).
  3. Monta as dúas pezas da cabeza coa entretea cara fóra e hilvana ou pon alfinetes no tronco e na cabeza.
  4. Cose coa máquina, ou se non sabes, a man, deixando unha costura de 5 mm aproximadamente. OLLO, NON COSAS AÍNDA OS TENTÁCULOS!
  5. Coloca as pezas soltas dos tentáculos A e B enriba do seu correspondente tentáculo ca peza C e hilvana ou pon alfinetes. Cose do mesmo xeito deixando a mesma costura de 5 mm. Ao rematar este punto terás só sen coser os triángulos que cerran o boneco por abaixo.
  6. Antes de dar a volta ao boneco, fai uns piquetes (pequenos cortes) nos lugares marcados no patrón en forma de T. Son cortes de 3 ou 4 mm, non poden chegar a cortar a costura. Estes cortes serven para que o tecido non tire ao darlle a volta.
  7. Unha vez feitos os piquetes, dalle a volta e axúdate dun lapis ou dun pao fino (palillo chinés) para que nas zonas onde hai vértices a forma quede ben definida. Ao rematar este proceso deberías ter o boneco montado cunha abertura por abaixo para o recheo.

Tentaremos incluír máis adiante fotos destas primeiras fases do proxecto.

Recheo:

Para o recheo utilizamos 2 tipos de materiais:

  • Na cabeza, recheo de coxín ou miraguano. Repárteo uniformemente para que non queden bolos na superficie. Parece que cando non entra máis, aínda colle outro pouco.

02_recheo.jpg 03_recheo.jpg

  • Nos tentáculos, para que poidan manter a forma cando os colocas e o boneco se manteña de pé, utilizamos arroz pero podes rechealo con alpiste, mijo ou outro tipo de semente. Podes axudarte dun pequeño funil e dun pauciño para axudar a que os grans chegaran abaixo. Nos últimos dous centímetros de tentáculo, pon recheo de coxín para que non caia o arroz.

04_recheo.jpg 05_recheo.jpg

Unha vez recheado, xa podes coser a man o “cu” do boneco pero deixa un segmento sen coser para continuar coa montaxe.

Os ollos: impresión 3D e Neopixels

Nunha primeira versión, puxemos os ollos de fieltro, branco e negro, pero pareceunos unha idea máis interesante imprimilos. Podedes descargar os arquivos STL de Thingiverse.

Están impresos en filamento branco con paredes moi finas (0,8 mm) para que deixen pasar a luz dos Neopixels. Para coselos pode vir ben un tipo de agullas curvas.

Iso si, se queres seguir o noso modelo, antes de coser os ollos pon os aneis de Neopixels. Nós utilizamos os que che deixamos no enlace, só o anel de 8 neopixels para o ollo pequeño e o de 12 neopixels para o ollo maior. Fai un furado e atravesa a cabeza de Oshwi e saca o cable de entrada do anel de 12 neopixels por abaixo, polo segmento do “cu” que deixamos sen coser. Ten conta que os dous aneis queden correctamente conectados e corta o cable de saída do anel máis pequeño para que non estorbe. Fixa os aneis no seu lugar cunhas puntadas de fío (si, é máis xeitoso que coa cola quente!) e, feito isto, xa podes coser os ollos á cabeza. Podes axudarte das agullas curvas.

Instalando o cerebro: a place e a base de fieltro

Nós optamos por colocar a placa, a Circuit Playgroud Express, na parte de atrás do boneco e no corpo de Oshwi. Isto ten as súas avantaxes e inconvintes. Por exemplo, fai máis complicado utilizar o sensor de son, ou a visibilidade dos Neopixels integrados na placa. Sen embargo, o deseño é máis limpo e resalta máis calquera xogo que se poda facer cos ollos. Pero iso vai “a gusto do consumidor” ou en función das necesidades.

En calquera caso, e pensando en utilizar a placa para outros proxectos, optamos por facer un 2 parches de fieltro como os da imaxe. Podes desargar a plantilla aquí.

Un vai cosido ao boneco e leva unha das partes dos corchetes metálicos. Aí coseremos os fíos conductivos que cheguen dende outras partes. No outro, coa mesma forma, coseremos a placa e, no reverso, a outra parte dos corchetes. Só uniremos os corchetes cos pads da placa que vaiamos precisar. No nosos caso A2, A3, A4 e A7 xa que os A5 e A6 os deixaremos para o ultra son e o A1 para controlar os Neopixels.

Coser os tentáculos:

Como a nosa idea é aproveitar a capacitividade dos pads da placa, decidimos coser un fío a través dos catro tentáculos dianteiros ata cada un dos pines indicados: A2, A3, A4 e A7. Desta maneira, ao tocalos, poderemos implementar diferentes accións. Nun primeiro exemplo, emitiranse notas musicais.

Para coselos utilizamos, como vedes na imaxe, puntadas longas por encima da tea e unha pequena espiral na punta. Sen que se crucen (moi importante!) levámolos aos corchetes correspondentes a cada pad.

Sensor de ultrason:

A “ñ” era o sitio ideal para situal un sensor deste tipo, de tal xeito que ao aproximarte a Oshwi, este respondera dalgún xeito. Buscando documentación atopamos este exemplo na páxina de Adafruit que nos seviu como refencia para conectalo (salvando a dificiltade da lóxica de 3.3v) e programalo.

Con esta dificultade “salvada” nos decidimos a deseñar e imprimir unha “ñ” onde poder aloxar o sensor. Podedes descargalo deThingiverse.

Seguindo o esquema do titorial, e para non soldar directamente nos pins do sensor, utilizamos unhas tiras de pines macho-femia que tiñamos pola casa ainda que tería sido máis “curioso” crimpar os cables con terminais DuPont. Para soster a “ñ”, tiramos dun anaco de varilla oca de aluminio de 6 mm que tamén tiñamos por casa e que proviña dun vello tendedoiro. Foi ideal para poder pasar os cables por dentro e sacalos pola parte de abaixo como se aprecia na imaxe anterior.

Fixemos un furado na parte traseira da cabeza (que rematamos con fío para que non continuase abrindo), introducimos a varilla cos cables e a “ñ” montada. Rematado este proceso xa se pode coser o que queda aberto no “cu” do boneco deixando os cables fóra.

Para conectalos á placa optamos por unhas pinzas de crocodilo unindo os cables de alimentación (a VOUT da placa) e GND.

Programación:

No artigo do Hackaton:Tapiz de textiles y electrónica describimos as diferentes posibilidades de programación da Circuit Playground Express. Para os exemplos que veredes a continuación optamos por MakeCode, unha ferramenta aberta moi intuitiva de programación por bloques coa que podes programar diferentes placas, entre elas esta. Non precisas instalar nada no teu ordenador, traballas dende o navegador descargando á placa un código javascript que podes editar tamén directamente.

Ademáis do titorial que vos citamos arriba para o HC-SR04, foinos de utilidade este video que explica, dunha maneira moi sinxela, como programar unha tira de Neopixels externa.

Polo monento, estes son os programas e as interaccións de Oshwi

  • Código Oshwi ultrason Neste programa, emitimos notas de valores proporcionais á lectura de distancias do ultrason. O que en principio era un efecto non desexado, que a lectura dos valores do ultrason deran erros e valores irregulares, provocan un efecto moi interesante na interacción. Seguiremos investigando onde está o erro pero para o que buscabamos parece que o erro veunos moi ben!

E valaquí o resultado final:

Agardamos que este titorial vos sexa de utilidade e que vos inspire a crear, animar e programar a vosa propia mascota!

gl/proyectos/oshwi_de_tela.1542751220.txt.gz · Última modificación: 2018/11/20 22:00 por Xosé Pérez