Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


Barra lateral

This translation is older than the original page and might be outdated. See what has changed.
Translations of this page:

Páxina principal

Análisis e comparativas

this namespace doesn't exist: gl:analisis_y_comparativas
Documentación
this namespace doesn't exist: documentacion
Eventos Guías Ferramentas
this namespace doesn't exist: gl:herramientas
Información de interese Proxectos > Usuarios
this namespace doesn't exist: gl:user
Varios
this namespace doesn't exist: gl:varios
Wiki Privado old
this namespace doesn't exist: gl:old
admin
this namespace doesn't exist: gl:admin

gl:proyectos:oshwi_de_tela

Esta é unha revisión antiga do documento!


Oshwi:proxecto de electrónica e téxtiles

Oshwi, deseñado por Natalia Gómez, é a mascota da OSHWDem,a feira de tecnoloxía aberta que dende hai anos organiza BricoLabs.

Despois da versión amigurimi e do Oshwi Badge, e como parte do evento Hackaton de textiles e electrónica demos en facer unha versión de tea e interactiva. Esta páxina tenta describir o paso a paso do proxecto para que calquera persoa poida construír e programar a súa mascota.

Equipo:

Lista de materiais:

  • Tea azul de punto de 70 cm de longo e 120 cm de ancho.
  • Entretea adhesiva para ferro de pasar (plancha) da mesma cantidade.
  • Fío costura azul de cor similar á tea.
  • Miraguano ou recheo de coxín.
  • Arroz, alpiste ou algúnha outra semente seca para recheo.
  • Fío conductivo: utilizamos o High-Fles 3981 de Karl Grimm que nos recomendou Paola.Aquí tedes unha guía interesnte da súa man.
  • Corchetes metálicos (podedes ver cales nunha imaxe máis abaixo).
  • Neopixels: utilizamos estes en concreto ainda que os tedes máis baratos en páxinas chinesas. Aproveitamos a coroa de 8 e de 12 neopixels.
  • Sensor Ultrason HC-SR04
  • 2 Resistencias 10 K Ohm.
  • Cable eléctrico .
  • TuboTermoretarctil.
  • Pinzas crocodilo:usamosestas
  • Varilla aluminio oca de 6mm
  • PLA branco e negro

Ferramenta:

  • Tesoura de tea
  • Xiz ou alfinetes
  • Máquina de coser
  • Agullas de coser: utilizamos algunhas co ollo largo para que entre o fío conductivo (agullas de bordar n.º 9). Para os ollos mellor conseguir agullas curvas.
  • Impresora 3D
  • Alicates
  • Soldador
  • Ferro de pasar(plancha)

Confección do boneco en tea:

Patronaxe:

Descarga e imprime os patróns (A1) e recorta as pezas pola liña de puntos.

Costura:

  1. Estira a tea e pega a entretea polo revés do tecido. Fíxate ben en que o pegamento estea en contacto con el. Pégao pasando o ferro pola entretea SEN VAPOR.
  2. Dobra o tecido pola metade e distribue nel as pezas do patrón. Marca cun xiz o contorno ou préndeos con alfinetes. Logo recorta cada peza. Recorda que precisamos 2 pezas tipo C , 4 pezas A e 4 tipo B. Como xa tes a tea dobre, tan só terás que recortar 1 tipo C (xa saen dúas 2) , 2 tipo A (saen 4) e 2 tipo B (saen 4).
  3. Monta as dúas pezas da cabeza coa entretea cara fóra e hilvana ou pon alfinetes no tronco e na cabeza.
  4. Cose coa máquina, ou se non sabes, a man, deixando unha costura de 5 mm aproximadamente. OLLO, NON COSAS AÍNDA OS TENTÁCULOS!
  5. Coloca as pezas soltas dos tentáculos A e B enriba do seu correspondente tentáculo ca peza C e hilvana ou pon alfinetes. Cose do mesmo xeito deixando a mesma costura de 5 mm. Ao rematar este punto terás só sen coser os triángulos que cerran o boneco por abaixo.
  6. Antes de dar a volta ao boneco, fai uns piquetes (pequenos cortes) nos lugares marcados no patrón en forma de T. Son cortes de 3 ou 4 mm, non poden chegar a cortar a costura. Estes cortes serven para que o tecido non tire ao darlle a volta.
  7. Unha vez feitos os piquetes, dalle a volta e axúdate dun lapis ou dun pao dino (palillo chinés) para que nas zonas onde hai vértices a forma quede ben definida. Ao rematar este proceso deberúas ter o boneco montado cunha abertura por abaixo para o recheo.

Tentaremos incluír máis adiante fotos destas primeiras fases do proxecto.

Recheo:

Para o recheo utilizamos 2 tipos de materiais:

  • Na cabeza, recheo de coxín ou miraguano. Axudate dun pau para que chegue ás zonas máis estreitas e reparteo uniformemente para que non queden bolos na superficie. Parece que cando non entra máis, ainda colle outro pouco.

02_recheo.jpg 03_recheo.jpg

  • Nos tentáculos, para que poidan manter a forma cando os colocas e o boneco se manteña de pé, utilizamos arroz pero podes rechealo con alpiste, mijo ou outro tipo de semente. Podes axudarte dun pequeño funil e dun pauciño chinés para axudar a que os grans chegaran abaixo. Nos últimos dous centímetros de tentáculo, pon recheo de coxín para que non caia o arroz.

04_recheo.jpg 05_recheo.jpg

Unha vez recheado, xa podes coser a man o “cu” do boneco pero deixa un segmento sen coser para continuar coa montaxe.

Os ollos: impresión 3D e Neopixels

Nunha primeira versión, puxemos os ollos de fieltro, branco e negro, pero pareceunos unha idea máis interesante imprimilos. Podedes descargar os arquivos STL de Thingiverse.

Están impresos en filamento branco con paredes moi finas (0,8 mm) para que deixen pasar a luz dos Neopixels. Para coselos pode vir ben un tipo de agullas curvas.

Iso si, se queres seguir o noso modelo, antes de coser os ollos pon os aneis de Neopixels. Nós utilizamos os que che deixamos no enlace, só o anel de 8 neopixels para o ollo pequeño e o de 12 neopixels para o ollo maior. Fai un furado e atravesa a cabeza de Oshwi e saca o cable de entrada do anel de 12 neopixels por abaixo, polo segmento do “cu” que deixamos sen coser. Ten conta que os dous aneis queden correctamente conectados e corta o cable de saída do anel máis pequeño para que non estorbe. Fixa os aneis no seu lugar cunhas puntadas de fío (si, é máis xeitoso que coa cola quente!) e, feito isto, xa podes coser os ollos á cabeza. Podes axudarte das agullas curvas.

Instalando o cerebro: a base de fieltro

Nós optamos por colocar a placa, a Circuit Playgroud Express, na parte de atrás do boneco e no corpo de Oshwi. Isto ten as súas avantaxes e inconvintes. Por exemplo, fai máis complicado utilizar o sensor de son, ou a visibilidade dos Neopixels integrados na placa. Sen embargo, o deseño é máis limpo e resalta máis calquera xogo que se poda facer cos ollos. Pero iso vai “a gusto do consumidor” ou en función das necesidades.

En calquera caso, e pensando en utilizar a placa para outros proxectos, optamos por facer un 2 parches de fieltro como os da imaxe. Podes desargar a plantilla aquí.

Un vai cosido ao boneco e leva unha das partes dos corchetes metálicos. Aí coseremos os fíos conductivos que cheguen dende outras partes. No outro, coa mesma forma, coseremos a placa e, no reverso, a outra parte dos corchetes. Só uniremos os corchetes cos pads da placa que vaiamos precisar. No nosos caso A2, A3, A4 e A7 xa que os A5 e A6 os deixaremos para o ultra son e o A1 para controlar os Neopixels.

Coser os tentáculos:

Como a nosa idea é aproveitar a capacitividade dos pads da placa, decidimos coser un fío a través dos catro tentáculos dianteiros ata cada un dos pines indicados: A2, A3, A4 e A7. Desta maneira, ao tocalos, poderemos implementar diferentes accións. Nun primeiro exemplo, emitiranse 4 notas musicais.

Para coselos utilizamos, como vedes na imaxe, puntadas longas por encima da tea e unha pequena espiral na punta. Sen que se crucen (moi importante!) levámolos aos corchetes correspondentes a cada pad.

Sensor de ultrason:

A “ñ” era o sitio ideal para situal un sensor deste tipo, de tal xeito que ao aproximarte a Oshwi, este respondera dalgún xeito. Buscando documentación atopamos este exemplo na páxina de Adafruit que nos seviu como refencia para conectalo salvando a dificiltade da lóxica de 3.3v e para programalo.

Con esta dificultade “salvada” nos decidimos a deseñar unha “ñ” para imprimir onde poder aloxar o sensor. Podedes descargalo deThingiverse.

Seguindo o esquema do titorial, e para non soldar directamente nos pins do sensor, utilizamos unhas tiras de pines macho-femia que tiñamos pola casa ainda que tería sido máis “curioso” crimpar os cables con terminais DuPont. Para soster a “ñ”, tiramos dun anaco de varilla oca de alumino de 6 mm que tamén tiñamos por casa e que proviña dun vello tendedoiro. Foi ideal para poder pasar os cables por dentro e sacalos pola parte de abaixo como se aprecia na imaxe anterior.

Fixemos un furado na parte traseira da cabeza (que rematamos con fío para que non continuase abrindo), introducimos a varilla cos cables e a “ñ” montada. Rematado este proceso xa se pode coser o que queda aberto no “cu” do boneco deixando os cables fóra.

Para conectalos á placa optamos por unhas pinzas de crocodilo unindo os cables de alimentación (a VOUT da placa) e GND.

Programación:

No artigo do Hackaton:Tapiz de textiles y electrónica describimos as diferentes posibilidades de programación da Circuit Playground Express. Para os exemplos que veredes a continuación optamos por MakeCode, unha ferramenta aberta moi intuitiva de programación por bloques coa que podes programar diferentes placas, entre esta. Non precisas instalar nada no teu oredandor, traballas dende o navegador descargando á placa un código javascript que podes editar tamén directamente.

Ademáis do titorial que vos citamos arriba para o HC-SR04, foinos de utilidade este video que explica, dunha maneira moi sinxela, como programar unha tira de Neopixels externa.

Polo monento, estes son os programas e as interaccións de Oshwi

  • CódigoOshwi ultrason Neste programa, emitimos notas de valores proporcionais á lectura de distancias do ultrason. O que en principio era un efecto non desexado, que a lectura dos valores do ultrason deran erros e valores irregulares, provocan un efecto moi interesante na interacción. Seguiremos investigando onde está o erro (se no valor da resistencis, nas soldaduras…) pero para o que buscabamos parece que o erro veunos moi ben!

E valaquí o resultado final:

Ata aquí este titorial. Agardamos que sexa de utilidade e que vos inspire a crear, animar e programar as vosas propias mascotas!

gl/proyectos/oshwi_de_tela.1542740481.txt.gz · Última modificación: 2018/11/20 19:01 por Xosé Pérez