Análisis y comparativas
Eventos GuíasNo hay páginas en esta sección.
No hay páginas en esta sección.
Análisis y comparativas
Eventos GuíasNo hay páginas en esta sección.
No hay páginas en esta sección.
Tasmota é un firmware moi versátil para placas con ESP8266 que integra moitos dispositivos para control automatizado. O seu éxito vén dado polo baixo prezo dos microcontroladores e a popularización do dispositivo orixinal Sonoff.
Nesta entrada explicamos como configurar o firmware e servidor para establecer unha canle segura, como configurar correctamente o dispositivo para que os temporizadores funcionen coa túa zona horaria, mesmo se hai cambios de hora de verán (DST) e como cambiar o comportamento do botón toggle para que funcione coma un pulsador temporizado.
É moi importante que se conectas o teu dispositivo a un servidor en Internet sexa cunha conexión segura. Isto non é normalmente necesario se estás a facer probas sen sair da túa rede segura (ollo, a túa wifi caseira podería non selo), pero moita xente pensa que a seguridade é unha opción e deixan os sistemas desprotexidos en contornas de produción.
Deixar a conexión desprotexida implica que calquera pode examinar o tráfico de rede ou, simplemente ofrecendo un acceso WiFi máis forte ou cercano, pode tomar o control da túa instalación. Deixas as chaves da túa casa na porta, día e noite, cando estás e non estás?
Os binarios precompilados de firmware Tasmota non veñen con soporte TLS, polo que é necesario recompilar o firmware a partir do código fonte. Os pasos a seguir en GNU/Linux son:
# paso 1. Instalar Platformio Core cd /tmp wget https://raw.githubusercontent.com/platformio/platformio-core-installer/master/get-platformio.py python3 get-platformio.py wget https://raw.githubusercontent.com/platformio/platformio-core/master/scripts/99-platformio-udev.rules sudo cp 99-platformio-udev.rules /etc/udev/rules.d/ sudo udevadm control --reload-rules && sudo udevadm trigger sudo usermod -a -G dialout $USER && sudo usermod -a -G plugdev $USER # reinicia a túa sesión de usuario para que os permisos tomen efecto... # paso 2. Descargar o código fonte: cd /tmp wget https://github.com/arendst/Tasmota/archive/master.zip unzip master.zip && cd Tasmota-master # paso 3. Activar a opción TLS: sed -i 's///#define USE_MQTT_TLS/#define USE_MQTT_TLS/' tasmota/my_user_config.h # paso 4. Compilar e cargar o firmware (adapta --upload-port ao que apareza cando conectas a túa placa) pio run -e tasmota -t upload --upload-port=/dev/ttyUSB0
Tasmota usa MQTT como protocolo para comunicarse na rede como dispositivo a ser controlado. Unha instalación típica ten varios dispositivos conectados por rede TCP/IP a un servidor que executa un broker (intercambiador) de mensaxes MQTT. Un dos máis coñecidos é Mosquitto para o que explicamos como securizalo.
# mosquitto.conf port 8883 keyfile /mosquitto/config/server.key certfile /mosquitto/config/server.crt cafile /mosquitto/config/ca.crt password_file /mosquitto/config/users.passwd
O porto 8883 é o porto estándar asignado pola IANA para o MQTT sobre TLS.
Para xenerar os ficheiros de certificados podes seguir os pasos 1-7 desta guía de Mosquitto securizado.
Os certificados para clientes non se usan en Tasmota polas restriccións de memoria o procesador e, para isto, usamos o ficheiro de usuarios definido en password_file . Para xenerar os usuarios podes seguir o método 2 desta guía.
O ficheiro de CA non é necesario en Tasmota (aínda que tamén sería posible engadilo en duro no fonte) porque dispón dun inxenioso método que simplifica a validación da conexión co servidor lexítimo. A primeira vez que conecta garda a sinatura do certificado do servidor e a comproba nas seguintes conexións. Se cambias de servidor podes executar a seguinte orde na consola de Tasmota para borrar a sinatura e conectar por primeira vez co novo servidor para gardar a sinatura:
MqttFingerprint1 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00 00
Podes atopar máis información en:
Para configurar a túa zona horaria local e que funcionen os temporizadores como se espera, dende a consola de Tasmota executar:
TimeDST 0 0 3 1 2 120 TimeSTD 0 0 10 1 3 60 Timezone 99
Que de acordo aos comandos de Tasmota vén sendo que DST comeza no último domingo de marzo ás 2:00 con 120 minutos sobre UTC e que finaliza no último domingo de outubro ás 3:00 con 60 minutos sobre UTC. Timezone 99 indica que queremos usar a zona horaria configurada con TimeDST e TimeSTD.
Os campos para TimeSTD e TimeDST son:
Agora podemos ver que a hora local correcta (Local) e cando se van producir os cambios de hora (StartDST e EndDST):
Status 7 15:03:31 MQT: stat/tasmota_DE57D0/STATUS7 = { "StatusTIM": { "UTC": "2020-08-14T13:03:31", "Local": "2020-08-14T15:03:31", "StartDST": "2020-03-29T02:00:00", "EndDST": "2020-10-25T03:00:00", "Timezone": 99, "Sunrise": "06:42", "Sunset": "21:06" } }
Cos seguintes comandos de consola cambiamos o comportamento de todos os relés para que cando se prema o botón toggle quede activo durante 4 segundos:
SwitchMode 13 PulseTime 40
O parámetro de SwitchMode configura o comportamento segundo os seguintes valores:
e *PulseTime*:
Se usas varios relés podes configurar os modos e tempos poñendo o GPIO no que está o relé como primeiro parámetro. Para aplicar o exemplo a un relé no GPIO 5:
SwitchMode 5 13 PulseTime 5 40