Análisis y comparativas
Eventos GuíasNo hay páginas en esta sección.
No hay páginas en esta sección.
Análisis y comparativas
Eventos GuíasNo hay páginas en esta sección.
No hay páginas en esta sección.
¡Esta es una revisión vieja del documento!
Tasmota é un firmware moi versátil para placas con ESP8266 que integra moitos dispositivos para control automatizado. O seu éxito vén dado polo baixo prezo dos microcontroladores e a popularización do dispositivo orixinal Sonoff.
Nesta entrada explicamos como configurar o firmware e servidor para establecer unha canle segura e como configurar correctamente o dispositivo para que os temporizadores funcionen coa túa zona horaria, mesmo se hai cambios de hora de verán (DST).
É moi importante que se conectas o teu dispositivo a un servidor en Internet sexa cunha conexión sexa segura. Isto non é normalmente necesario se estás a facer probas sen sair da túa rede segura (ollo, a túa wifi caseira podería non selo), pero moita xente pensa que a seguridade é unha opción e deixan os sistemas desprotexidos en contornas de produción.
Deixar a conexión desprotexida implica que calquera pode examinar o tráfico de rede ou, simplemente ofrecendo un acceso WiFi máis forte ou cercano, pode tomar o control da túa instalación. Deixas as chaves da túa casa na porta, día e noite, cando estás e non estás?
Os binarios precompilados de firmware Tasmota non veñen con soporte TLS, polo que é necesario recompilar o firmware a partir do código fonte.
Os pasos a seguir en GNU/Linux son:
1. Descargar o código fonte e descomprir nun directorio do teu sistema. 2. Instalar platformio Core 3. Activar a opción TLS 4. Compilar e cargar o firmware na placa
(PorFacer)
Tasmota usa MQTT como protocolo para comunicarse na rede como dispositivo a ser controlado. Unha instalación típica ten varios dispositivos conectados por rede TCP/IP a un servidor que executa un broker (intercambiador) de mensaxes MQTT. Un dos máis coñecidos é Mosquitto para o que explicamos como securizalo.
(PorFacer)
Para configurar a túa zona horaria local e que funcionen os temporizadores como se espera, dende a consola de Tasmota executar:
TimeDST 0 0 3 1 2 120 TimeSTD 0 0 10 1 3 60 Timezone 99
Que de acordo aos comandos de Tasmota vén sendo que DST comeza no último domingo de marzo ás 2:00 con +120 minutos sobre UTC e que finaliza no último domingo de outubro ás 3:00 con +60 minutos sobre UTC. Timezone 99 indica que queremos usar a zona horaria configurada con TimeDST e TimeSTD.
Os campos para TimeSTD e TimeDST son:
Agora podemos ver que a hora local correcta (Local) e cando se van producir os cambios de hora (StartDST e EndDST):
Status 7 15:03:31 MQT: stat/tasmota_DE57D0/STATUS7 = { "StatusTIM": { "UTC": "2020-08-14T13:03:31", "Local": "2020-08-14T15:03:31", "StartDST": "2020-03-29T02:00:00", "EndDST": "2020-10-25T03:00:00", "Timezone": 99, "Sunrise": "06:42", "Sunset": "21:06" } }