Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


Barra lateral

Traducciones de esta página:

Página principal

Análisis y comparativas

Eventos Guías Herramientas Información de interés Proyectos > Usuarios Varios Wiki Privado

No hay páginas en esta sección.

old admin

No hay páginas en esta sección.

guias:tasmota

¡Esta es una revisión vieja del documento!


Notas de configuración Tasmota

Tasmota é un firmware moi versátil para placas con ESP8266 que integra moitos dispositivos para control automatizado. O seu éxito vén dado polo baixo prezo dos microcontroladores e a popularización do dispositivo orixinal Sonoff.

Nesta entrada explicamos como configurar o firmware e servidor para establecer unha canle segura e como configurar correctamente o dispositivo para que os temporizadores funcionen coa túa zona horaria, mesmo se hai cambios de hora de verán (DST).

Conexión segura con MQTT

É moi importante que se conectas o teu dispositivo a un servidor en Internet sexa cunha conexión sexa segura. Isto non é normalmente necesario se estás a facer probas sen sair da túa rede segura (ollo, a túa wifi caseira podería non selo), pero moita xente pensa que a seguridade é unha opción e deixan os sistemas desprotexidos en contornas de produción.

Deixar a conexión desprotexida implica que calquera pode examinar o tráfico de rede ou, simplemente ofrecendo un acceso WiFi máis forte ou cercano, pode tomar o control da túa instalación. Deixas as chaves da túa casa na porta, día e noite, cando estás e non estás?

Firmware Tasmota

Os binarios precompilados de firmware Tasmota non veñen con soporte TLS, polo que é necesario recompilar o firmware a partir do código fonte. Os pasos a seguir en GNU/Linux son:

  1. Instalar Platformio Core
  2. Descargar o código fonte
  3. Activar a opción TLS
  4. Compilar e cargar o firmware na placa
# paso 1. Instalar Platformio Core
python3 -c "$(curl -fsSL https://raw.githubusercontent.com/platformio/platformio/develop/scripts/get-platformio.py)"
curl -fsSL https://raw.githubusercontent.com/platformio/platformio-core/master/scripts/99-platformio-udev.rules | sudo tee /etc/udev/rules.d/99-platformio-udev.rules
sudo udevadm control --reload-rules && sudo udevadm trigger
sudo usermod -a -G dialout $USER && sudo usermod -a -G plugdev $USER
# reinicia a túa sesión de usuario para que os permisos tomen efecto

# paso 2. Descargar o código fonte:
cd /tmp
wget https://github.com/arendst/Tasmota/archive/master.zip
unzip master.zip && cd Tasmota-master

# paso 3. Activar a opción TLS:
sed -i 's/\/\/#define USE_MQTT_TLS/#define USE_MQTT_TLS/' tasmota/my_user_config.h

# paso 4. Compilar e cargar o firmware (adapta --upload-port ao que apareza cando conectas a túa placa)
pio run -e tasmota -t upload --upload-port=/dev/ttyUSB0

Configuración de Mosquitto

Tasmota usa MQTT como protocolo para comunicarse na rede como dispositivo a ser controlado. Unha instalación típica ten varios dispositivos conectados por rede TCP/IP a un servidor que executa un broker (intercambiador) de mensaxes MQTT. Un dos máis coñecidos é Mosquitto para o que explicamos como securizalo.

(PorFacer)

Hora local correcta cos cambios de hora (DST)

Para configurar a túa zona horaria local e que funcionen os temporizadores como se espera, dende a consola de Tasmota executar:

    TimeDST 0 0 3 1 2 120
    TimeSTD 0 0 10 1 3 60
    Timezone 99

Que de acordo aos comandos de Tasmota vén sendo que DST comeza no último domingo de marzo ás 2:00 con +120 minutos sobre UTC e que finaliza no último domingo de outubro ás 3:00 con +60 minutos sobre UTC. Timezone 99 indica que queremos usar a zona horaria configurada con TimeDST e TimeSTD.

Os campos para TimeSTD e TimeDST son:

  • Hemisferio (0=norte, 1=sur)
  • Semana do mes para o cambio (0=última, 1=primeira, 2=segunda, …)
  • Mes para o cambio (1..12 = xaneiro..decembro)
  • Día da semana para o cambio (1..7 = domingo..sábado)
  • Hora do cambio (0..23)
  • Minutos de desprazamento con respecto a UTC (60..-60 = UTC+01:00..UTC-01:00)

Agora podemos ver que a hora local correcta (Local) e cando se van producir os cambios de hora (StartDST e EndDST):

    Status 7
    15:03:31 MQT: stat/tasmota_DE57D0/STATUS7 = 
      {
        "StatusTIM": {
          "UTC": "2020-08-14T13:03:31",
          "Local": "2020-08-14T15:03:31",
          "StartDST": "2020-03-29T02:00:00",
          "EndDST": "2020-10-25T03:00:00",
          "Timezone": 99,
          "Sunrise": "06:42",
          "Sunset": "21:06"
        }
      }    
guias/tasmota.1597509281.txt.gz · Última modificación: 2021/04/16 20:39 (editor externo)