Análisis y comparativas
Eventos GuíasNo hay páginas en esta sección.
No hay páginas en esta sección.
Análisis y comparativas
Eventos GuíasNo hay páginas en esta sección.
No hay páginas en esta sección.
¡Esta es una revisión vieja del documento!
idiomas analisis_y_comparativas
As opcións analizadas foron Fritzing, Kicad, gEDA, XCircuit e Qucs.
Creado na cidade universitaria de Postdam orixinalmente para simplificar a tarefa de prototipado de placas para Arduino, hoxe en día, converteuse nunha extraordinaria ferramenta especialmente indicada para os que empezan no deseño electrónico. O desenvolvemento está nunha fase aceptable de madurez e ten potencia suficiente para deseñar placas polas dúas caras, trazar de pistas e deseñar compoñentes electrónicos dende cero ainda que dispón dunha ampla biblioteca de compoñentes predeseñados.
A interfaz de usuario permite a conexión dos compoñentes nas distintas vistas de deseño: a vista breadboard (placa de probas con cables), a vista de esquema e a vista de deseño de placa. A paleta de compoñentes é común ás vistas e pódense engadir, retirar e mover en calquera das vistas. A vista breadboard é útil para deseñar a partir dun deseño onde os compoñentes quedan conectados como na breadboard real. A vista de esquema é ideal para interconectar os compoñentes. A vista de deseño de placa está pensada para imprimir unha placa onde soldar os compoñentes.
A inxeniosa maneira de deseño de compoñentes baséase na importación de capas en formato SVG (por exemplo dende Inkscape) onde as distintas conexións e rotulado agrúpanse baixo nomes de grupo predefinidos e ao importar nas distintas vistas asócianse visualmente coa información que se manexa no deseño de placa (nomes de conexión, descripcións, axudas, etcétera…).
O trazado de pistas automático tamén manexa distintos algoritmos por cada unha das dúas caras da placa. Permite unha edición visual sinxela para a revisión e corrección do trazado. Fai revisión dos parámetros correctos para evitar problemas eléctricos. Asiste no recheo de pistas comúns de GND e de VCC e ata pode grabar debuxos xunto coa titulación de compoñentes.
Se estás a comenzar coa electrónica ou non precisas de deseñar placas de máis de dúas capas e gustas de manexar o rato para deseñar, Fritzing é moi boa opción.
…
…
…
…