Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


Barra lateral

Traducciones de esta página:

Página principal

Análisis y comparativas

Eventos Guías Herramientas Información de interés Proyectos > Usuarios Varios Wiki Privado

No hay páginas en esta sección.

old admin

No hay páginas en esta sección.

proyectos:badge_intro_soldadura

¡Esta es una revisión vieja del documento!


Badge Bricolabs para iniciación a la soldadura

Agradecementos

Grazas ao convenio AGUSL entre a Xunta de Galicia a través da AMTEGA e diversas asociacións e grupos de usuarios de software libre en Bricolabs puidemos cubrir os gastos asociados ao desenvolvemento e probas do proxecto e unha pequena tirada de kits.

Bicobadge

Durante os talleres de montaxe da placa ESCORNABOT-HFD puidemos comprobar que para moitos alumnos de ESO e de Bacharelato esta era a primeira ocasión na que facían soldadura electrónica, e que quizá o escornabot non sexa a mellor opción como kit de iniciación pola súa complexidade.

Con tal motivo desenvolvimos un pequeno kit de iniciación, sinxelo e de baixo custo, para poder facer e ensaiar unas cantas soldaduras antes de empezar cun proxecto máis complexo. Para empezar a soldar pensamos que é moi útil ter a man a unha guía como esta

Grazas ao convenio AGUSL entre a Xunta de Galicia a través da AMTEGA e diversas asociacións e grupos de usuarios de software libre en Bricolabs puidemos cubrir os gastos asociados ao desenvolvemento e probas do proxecto e unha pequena tirada de kits.

O circuito

Esquema

O circuíto da bricobadge é simple. Ten só 8 compoñentes electrónicos e unha pila CR2032. Na escuridade acende un par de LED, e cando hai luz apágase e ten un consumo moi contido. A placa de circuíto impreso está realizada con Kicad, unha ferramenta libre e de código aberto con licencia GNU GPL v3.

  • Na escuridade, a resistencia da LDR ( R4) é moi alta, a tensión na base do transistor é maior de 0,6 V, o transistor conduce e o dous LED acenden.
  • Cando incide luz sobre a LDR ( R4) a súa resistencia baixa, o transistor deixa de estar polarizado e os LED apáganse.
  • Cambiando o valor de R3 cambia a sensibilidade do circuíto. Tamén afecta o valor da resistencia LDR ( R4).
  • No circuíto pódense usar LED de calquera cor, iguais ou distintos. No noso obradoiro usamos LED RGB con cambio de cor automática que engaden efectos interesantes de cor
proyectos/badge_intro_soldadura.1635541953.txt.gz · Última modificación: 2021/10/29 21:12 por Manuel Miramontes