Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


Barra lateral

Traducciones de esta página:

Página principal

Análisis y comparativas

Eventos Guías Herramientas Información de interés Proyectos > Usuarios Varios Wiki Privado

No hay páginas en esta sección.

old admin

No hay páginas en esta sección.

proyectos:sonriso

¡Esta es una revisión vieja del documento!


SonRiso

proxecto_sonriso.jpg

(Work in progress!)

Proxecto realizado conxuntamente entre os membros de Vermislab (https://twitter.com/VermisLAB) e máis eu (https://twitter.com/lolyp) no Hackatón de e-textiles organizado por Galpón (https://twitter.com/galpon) e A Industriosa (https://twitter.com/aindustriosa), dirixido por Paola Guimerans (https://twitter.com/paolaguimerans) o 14 de setembro de 2019 no Centro Cívico de Teis, Vigo.

Trátase de unha camiseta pensada para profesores de primaria, con un diseño de cara triste ou alegre en función do ruido ambiente, para que os alumnos sepan que deben falar máis baixiño e así ter contentos ós profesores.

Tormenta de ideas

Seguindo as indicacións de Paola, primeiro fixemos unha tormenta de ideas entre os membros do grupo de traballo, na que se nos ocurriron un montón de cousas para facer, como éstas:

20190914_133458.jpg

De todas elas eleximos SonRiso porque cumplía coas condicións marcadas por Paola para o proxecto: Que fose algo relacionado con educación, saúde e sentimentos, e éste era o dibuxo que o representaba (o nome escollímolo máis tarde):

20190914_133518.jpg

Non mais semáforos

Unha das ideas ía ser un semáforo con tres colores, pero despois de comentarlles ós compañeiros de traballo a campaña anti-semáforos na que participa a amiga de BricoLabs (https://twitter.com/Brico_Labs) Iraisy (https://twitter.com/Iraisy), xunto con outros recoñecidos makers, como Julián Caro Linares (https://twitter.com/jcarolinares), que utilizan en twitter a etiqueta “#NoMasSemaforos” decidimos facer este SonRiso só con dous colores. Vai dedicado a eles!

Materiais necesarios

A continuación escollimos os materiais necesarios para facelo (todo proporcionado pola organización excepto a camiseta):

  • Placa CircuitPlayground Express.
  • Sowftware Arduino.
  • LEDs azuis e marelos.
  • Resistencias.
  • Fío condutor.
  • Cables tipo “cocodrilo”.
  • Portapilas con 3 baterías AAA con conector 2-Pin JST.
  • Pistola de silicona.
  • Alicates de punta cónica.
  • Camiseta.
  • Lápiz ou tiza para teas.
  • Teas para probas.
  • Feltro.
  • Agulla con ollo grande (o fío conductor é gordo).
  • Imperdibles.
  • Dedal.
  • Tesoiras.
  • Papel e lápiz.

Realización

En principio íbamos facer o proxecto directamente encima de unha camiseta, pero coa inspiración de Paz (a profe de Tomiño), outra das participantes de outro grupo, que nos deu a idea mentras comíamos, decidimos facer a cara sobre feltro e pegala na camiseta, así quedan as costuras protexidas (que da outra maneira irían polo revés da camiseta e habería que protexelas con outra capa de tea).

Empezamos dibuxando a cara na camiseta, pero despois desta idea, pasamos a recortala nun trozo de feltro e dibuxala nel:

20190914_133556.jpg

20190914_152129.jpg

Con axuda do alicate, redondeamos as patillas dos LEDs e das resistencias para poder coselas no seu sitio, quedando de esta forma (os LEDs marelos son para indicar alegría e os transparentes van dar color azul para indicar tristeza):

Mentras un par de compañeiros preparaban o programa en arduino, empezamos a coser as pezas no seu sitio (cada LED coa súa resistencia) e eles facían probas en outra peza de tecido para comprobar que funcionaba correctamente antes do ensamblaxe final:

20190914_133729.jpg

20190914_135339.jpg

Unha vez comprobado que funcionaba o circuito, cosimos todos os elementos na peza de feltro (a toda presa despois de alguha que outra metedura de pata pola miña parte, todo hai que decilo, por eso xa sei que o deseño das costuras poderían estar mellor…), que quedou así vista por detrás:

As resistencias coséronse á parte negativa (pines A0 e A1 da placa) e os LEDs á parte positiva do circuito (pin GND da placa).

E así despois de coser a placa por diante pero pasando os cables e as baterías hacia o revés da labor para que non molesten por diante a traveso de un pequeno corte feito no feltro:

E a vista dianteira (procurando que se viran o menor número de puntadas) quedou así, xa coa placa instalada no medio (e que tamén acende os neopixels nos mismos cores que a boca) e uns ollos de feltro pegados con silicona (porque no nos deu tempo a facelos con LEDs, igual que a parte triste da boca, que iría cós LEDs azuis):

20190914_174740.jpg

Diapositivas

Mentras íbamos montando todo esto, outras compañerias do grupo prepararon unha presentación, ata con diseño de logotipo chulísimo incluído, que explica gráficamente as consecuencias que produce un exceso de ruido, e que podedes ver aquí:

https://docs.google.com/presentation/d/1crwIZn7VDtxBcjo6wra7NlPxk70rlPlsZ_hI69EzFMU/edit#slide=id.p

Programa en Arduino

O código autodocumentado en arduino é o seguinte:

#include <Adafruit_CircuitPlayground.h>       //Cargamos las librerías necesarias para las funciones de la placa
#include <Adafruit_Circuit_Playground.h>

int lectura;                                  //Variable en la que guardaremos la lectura del sensor de sonido

int triste1=10;                               //Variables de la asignación de pines de los leds (salidas)
int triste2=9;
int contento1=6;
int contento2=12;

void setup() {
  
CircuitPlayground.begin();                     //Inicializamos las funciones de la placa

pinMode(triste1,OUTPUT);                       //indicamos que los pines de los leds serán salidas
pinMode(triste2,OUTPUT);
pinMode(contento1,OUTPUT);
pinMode(contento2,OUTPUT);
}



void loop() {

lectura=CircuitPlayground.soundSensor();    //leemos y guardamos en la variable creada
Serial.println(lectura);                    // mostramos en el monitor serie el valor leído por el sensor
delay(200);

if(lectura>100 || lectura<-15)              // creamos el condicional que encenderá los leds en función del valor del sensor
{
  digitalWrite(triste1,1);
  digitalWrite(triste2,1);
  digitalWrite(contento1,0);
  digitalWrite(contento2,0);
  for(int i=0;i<10;i++)                     //Este for es para encender todos los neopixels (en azul si está triste o en amarillo si está contento)
  {
  CircuitPlayground.setPixelColor(i,CircuitPlayground.strip.Color(0,0,255)); 
  }
  delay(1000);  
}
else
{
  digitalWrite(triste1,0);
  digitalWrite(triste2,0);
  digitalWrite(contento1,1);
  digitalWrite(contento2,1);
    for(int i=0;i<10;i++)
  {
  CircuitPlayground.setPixelColor(i,CircuitPlayground.strip.Color(255,255,0));
  }
}  
}

Resultado final

E o resultado final do proxecto quedou así de ben:

20190914_174747.jpg

Os aplausos no vídeo foron para xerar o ruído necesario para que se acendesen os neopixels que representan a tristeza (e os leds azuis con forma de boca triste se nos tivera dado tempo de poñelos), aínda que parecía que tamén nos estaban aplaudendo o proxecto! XD Cando para o ruido a camiseta acende a sonrisa e a profe ponse contenta:


Trucos sobre a costura có fío condutor:

  • Cortar o fío condutor en cachos pequenos, porque en largos enrédase máis, entre outros problemas (enredos, desfaise a torsión do fío, etc…) e ademáis, lembro as enseñanzas de miña nai: “Enfiada longa, costureira cativa”.
  • Usade dedal: “Costureira sin dedal, cose pouco e cose mal”. Gracias por conservarme as xemas dos dedos mamá!.
  • Agulla con ollo grande (porque o fío condutor é máis groso que os de coser tecidos).
  • E agulla con punta fina (porque as de punta redonda, como soen ser as de ollo grande, non pinchan ben no tecido e dificultan facer as puntadas).
  • En tecidos grosos como o feltro, para que non se vexa a puntada polo dereito da labor, o mellor é coser polo revés e pinchar só ata a mitade do tecido, así queda un traballo máis limpo polo dereito.

Membros de este creativo equipo de traballo

Cati, Paz, Carmela, Tito (de Vermislab), Loly (de BricoLabs) e outra compañeira da que non lembro o nome, sintoo…

A todos eles estoulles personalmente moi agradecida e encantada de telos conocidos.

Saúdos.

proyectos/sonriso.1569206000.txt.gz · Última modificación: 2021/04/16 20:37 (editor externo)