Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


Barra lateral

Traducciones de esta página:

Página principal

Análisis y comparativas

Eventos Guías Herramientas Información de interés Proyectos > Usuarios Varios Wiki Privado

No hay páginas en esta sección.

old admin

No hay páginas en esta sección.

old:normas_foro_oshwdem_esc:gl

Enlaces de interés Normas do foro

De cara a facer do foro de soporte e axuda do concurso OSHWDEM-escolar un lugar cómodo e efectivo para mellorar os teus coñecementos de robótica, pregámosche que cumplas estas normas. Tamén podes non cumplilas, pero entón algún estricto moderador vaiche tirar das orellas…

Preséntate

A tod@s nos gusta saber con quen estamos a falar, así que o primeiro é presentarse. Na sección de presentacións, contádenos o nome do voso equipo, de onde sodes, de que curso sodes, que queredes facer… e todo o que vos apeteza ou vos pareza importante. Se es profesor/a, déixao claro no asunto da túa presentación.

Escolle ben o asunto

Pon sempre un asunto explicativo e ben definido na mensaxe. Se nada máis dis “ayuda” ou “teño un problema”, non facilitas que outra xente te poida axudar ou que a túa mensaxe sirva para outros foreros co mesmo problema, “sensor esquerdo non detecta liña” sería un asunto ben especificado. Debe ser claro e conciso, NUNCA poñas a mensaxe no asunto.

Non cambies de tema

Se queres falar de algo distinto ao que especifica o asunto do fío, é mellor que crees un tema novo. Se mesturamos temas é máis difícil atopar a información que nos interesa.

Le antes de preguntar

Aquí vai haber xente disposta a axudarche, pero iso non quere dicir que estean aí para que ti non teñas que facer o teu traballo. Utiliza as ferramentas de busca do foro para ver se a túa dúbida xa está contestada.

Sé cordial

Tenta manter un ton que favoreza que todos e todas nos sintamos a gusto no foro. Ten en conta que as bromas e os dobles sentidos poden non entenderse na linguaxe escrita do mesmo xeito que na linguaxe oral, así que coida a túa maneira de expresarte.

Escribe ben

Sobre todo, tenta explicar ben o teu problema. Antes de publicar, le o que escribiches coma se non foras ti o autor/a e comproba que se entende. Tenta respetar a ortografía e non abuses das abreviaturas. Os emoticonos son ben recibidos :)

Protexe a túa privacidade

Nunca publiques datos persoais (teléfono, enderezo, localización…), nin neste nin noutros lugares da internet onde vaian estar dispoñibles para xente coa que non tes unha TOTAL confianza.


Nada máis, esperamos que o foro te sexa útil e que pasemos todas e todos un bo anaco aprendendo de robótica! :D</>big gl

old/normas_foro_oshwdem_esc/gl.txt · Última modificación: 2021/04/16 20:41 por 127.0.0.1